Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 22:9 - Biblia SEPT

9 Gardarán os meus mandamentos, e así non cargarán co seu pecado nin morrerán por causa deste alimento, por se profanaren con el. Eu son o Señor, que os santifiquei.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 22:9
10 Iomraidhean Croise  

Aharón e os seus fillos levaranos cando entren na Tenda do Encontro e cando se acerquen ó altar para o servizo do santuario, para que non cometan falta, e morran. Esta será lei perpetua para Aharón e para seus fillos.


Botará o incenso no lume diante do Señor, para que a nube do perfume envolva o propiciatorio, que está sobre a arca do testemuño, e non teña que morrer.


Díxolle o Señor a Moisés: "Dille a Aharón, teu irmán, que non entre a toda hora no santuario, máis alá do veo, que está diante do propiciatorio que tapa a arca, para que non teña que morrer, porque me lle hei aparecer na nube enriba do propiciatorio.


Obedeceredes o que vos mando e xamais non faredes cousa contraria ós meus estatutos verbo das abominacións que se cometeron antes de vós, e non vos contaminaredes con elas. Eu son o Señor o voso Deus".


Os que as coman, cargarán coa súa culpa, co delito de comeren das cousas sagradas, que santifiquei eu. Eu son o Señor".


De agora en diante os fillos de Israel non se aproximarán máis á Tenda do Encontro, para que non incorran en pecado castigado con pena de morte.


Así, unha vez que teñades deducido disto o mellor, non incorreredes con este motivo en pecado; así, non profanaredes as cousas santas dos fillos de Israel, e non morreredes".


Parvos e cegos! Que é máis importante: o ouro, ou o templo que consagra o ouro?


Amarás o Señor, o teu Deus, e gardarás o que El mande: os seus preceptos os seus decretos e os seus mandamentos todos os días.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan