2 —"Dilles a Aharón e a seus fillos que fagan que os israelitas reverencien as miñas cousas santas, e non profanen o meu nome, que eles teñen que santificar. Eu son o Señor.
Despois díxenlles: —"Vós estades consagrados ó Señor, eses obxectos están consagrados e a prata e ouro son unha ofrenda voluntaria ó Señor, o Deus dos nosos pais;
Porala na testa de Aharón, que cargará coas culpas dos israelitas, cando estes ofrezan as súas ofrendas sacras. Aharón levará a flor sempre na fronte, para reconcilialos co Señor.
Eu mesmo me encararei con el, e exterminareino do medio do meu pobo, porque, entregando a Molok da súa descendencia, contaminou o meu santuario e profanou o meu nome santo.
Serán santos para o seu Deus, non profanando o seu nome, porque son eles os que presentan sacrificios de holocausto ó Señor, alimento do seu Deus: deberán ser santos.
Así, unha vez que teñades deducido disto o mellor, non incorreredes con este motivo en pecado; así, non profanaredes as cousas santas dos fillos de Israel, e non morreredes".
Todo primoxénito macho que naza no teu gando e no teu rabaño, consagraralo ao Señor, o teu Deus. Non traballarás co primoxénito da túa vaca nin raparás o primoxénito das túas ovellas.