Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 21:6 - Biblia SEPT

6 Serán santos para o seu Deus, non profanando o seu nome, porque son eles os que presentan sacrificios de holocausto ó Señor, alimento do seu Deus: deberán ser santos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 21:6
20 Iomraidhean Croise  

Despois díxenlles: —"Vós estades consagrados ó Señor, eses obxectos están consagrados e a prata e ouro son unha ofrenda voluntaria ó Señor, o Deus dos nosos pais;


Tamén os sacerdotes que se aproximen ó Señor terán que se purificar, para que non rompa contra eles o Señor".


Farás unha flor de ouro puro e gravarás nela, como se grava un selo: Consagrado ó Señor.


Consagrarei a Tenda do Encontro e mais o altar, consagrarei a Aharón e a seus fillos coma os meus sacerdotes.


Apartade, apartade, saíde de aí, non toquedes cousa impura. Saíde do medio dela, mantédevos limpos, os que levades os vasos do Señor.


Pois trouxestes estranxeiros, xentes sen circuncidar nin na carne nin no corazón, para que estivesen no meu santuario, para que profanasen a miña mesma casa; ofrecéstesme a miña comida, graxa e sangue, ó mesmo tempo que rompiades a miña alianza con todas as vosas abominacións.


Díxolle Moisés a Aharón: —"Isto tíñavolo ben advertido o Señor con estas verbas: Mostrarei a miña santidade nos que me están máis próximos, manifestarei a miña gloria diante dos ollos de todo o pobo". Aharón calou.


Non permitirás que ningún dos teus descendentes adore a Molok, manchando o nome do teu Deus. Eu son o Señor.


Non xuraredes en falso no meu nome, sería aldraxar o nome do teu Deus. Eu son o Señor.


Eu mesmo me encararei con el, e exterminareino do medio do meu pobo, porque, entregando a Molok da súa descendencia, contaminou o meu santuario e profanou o meu nome santo.


—"Fálalle a Aharón e dille: Ninguén da túa xente nas vindeiras xeracións, que teña algunha eiva, se poderá aproximar para ofrecer o alimento do seu Deus:


Ninguén da parentela do sacerdote Aharón, que teña algunha eiva, se poderá aproximar para ofrecer un holocausto ó Señor: habendo unha eiva nel non se pode aproximar para ofrecer o alimento do seu Deus.


pero non entrará alén do veo nin se achegará ó altar, porque ten unha eiva, e non debe profanar o meu santuario, pois eu son o Señor, que os santifico".


E ti recoñeceralo como santo, pois ofrece o alimento do teu Deus: será para ti santo, porque santo son eu, que vos santifico.


O sacerdote queimará todo no altar, como holocausto de recendo para o Señor.


Despois díxolles a Coré e a toda a súa facción: —"Mañá o Señor dará a coñecer quen é seu e quen é santo, e farao achegarse a El: ó que teña escollido, farao achegarse.


—"Ordénalles ós fillos de Israel: Coidaredes de me ofrecer ó seu tempo a miña ofrenda, o manxar debido, como sacrificio de grato recendo ó ser queimado.


Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para pregoardes as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan