Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 21:5 - Biblia SEPT

5 Non raparán a cabeza, nin afeitarán a barba polos lados, nin farán incisións no seu corpo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 21:5
12 Iomraidhean Croise  

Subiu ó templo, a Dibón; ós santuarios dos outeiros para chorar, no alto do Nebó e de Medebá Moab xeme, con todas as cabezas rapadas e todas as barbas afeitadas.


No día aquel o meu Señor, Deus de Israel, fixo unha chamada ó pranto e á lamentación, a raparse e vestirse de saco.


Morrerán grandes e pequenos neste país, non se enterrarán nin se fará dó por eles, non se farán incisións nin raparán o pelo por eles.


Velaí toda cabeza pelada; e toda barba rapada; en todas as mans incisións; e sobre os riles os sacos;


Non raparán a súa cabeza, nin andarán guedelludos; cortarán decentemente o seu cabelo.


—E ti, fillo de Adam, colle unha coitela ben afiada, colle unha navalla barbeira, e pásaa pola túa cabeza e máis pola túa barba. Despois colle unha balanza de pesar e distribúe o pelo en partes.


Díxolles Moisés a Aharón, a Elazar e a Itamar, seus fillos: —"Non despeiteedes os vosos cabelos nin rachedes os vosos vestidos, pois non morreredes nin se acenderá a ira do Señor contra a comunidade. Os vosos irmáns e toda a casa de Israel chorarán por causa do incendio que xurdiu diante do Señor.


Un marido non se poderá facer impuro por mor dos seus parentes, profanándose.


trocarei as vosas festas en loito; todas as vosas cántigas en laios; cinguirei todos os lombos de saco, deixarei toda cabeza rapada, vouno dispor coma o pranto polo vinculeiro e o remate vai ser coma o dun día amargado.


Corta e arrinca o cabelo polos fillos dos teus praceres, agranda a túa calva coma a do voitre, xa que eles van ó desterro lonxe de ti.


Fillos sodes vós do Señor, o voso Deus. Non vos fagades incisión, non fagades rapado entre os vosos ollos por quen morre,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan