Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 21:10 - Biblia SEPT

10 O sumo sacerdote, escolleito de entre os seus irmáns, a quen se lle verteu sobre a cabeza o óleo da unción e se lle deu o poder para vestir os ornamentos sagrados, non desenguedellará os cabelos da cabeza nin rachará os seus vestidos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 21:10
18 Iomraidhean Croise  

Xacob rachou os seus vestidos, cubriuse de saco e fixo por moito tempo loito polo fillo.


David subía chorando pola costa das Oliveiras, coa cabeza cuberta e os pés descalzos. Toda a súa xente cubrira a cabeza e subía tamén chorando.


Daquela ergueuse Xob, rachou o manto, rapou a cabeza, e botándose por terra, prosternouse dicindo:


É coma óleo recendente na cabeza que vai baixando pola barba —a barba de Aharón que lle cae ata a orla do vestido—;


Despois collerás o óleo da unción, verterasllo na cabeza, e quedará unxido.


Quéixate en silencio pola túa morta, non fagas dó; cingue o teu turbante e calza nos pés as túas sandalias; non cubras a barba nin comas pan doutros homes.


O enfermo de lepra andará coa roupa esgazada e a cabeza descuberta. En troques tapará cun veo a súa barba, e irá gritando: impuro, impuro.


Fará a expiación o sacerdote que foi unxido, o que foi investido do sacerdocio en lugar de seu pai, e vestirá as roupas sagradas de liño,


Se o que peca é o Sumo Sacerdote, o unxido —que, como tal, fai culpable ó pobo—, ofrecerá polo pecado cometido en prexuízo do pobo un xato de boi sen chata á honra do Señor.


Despois verteu aceite da unción sobre a cabeza de Aharón e unxiuno para consagralo.


A comunidade librará ó homicida da man do vingador do sangue e conducirao á cidade de asilo, onde estea refuxiado. Habitará alí ata a morte do sumo sacerdote, unxido co santo óleo.


Para non se contaminar, non se achegará ó cadáver nin de seu pai, nin de súa nai, nin de seu irmán, nin da súa irmá, porque leva na súa cabeza o sinal de estar consagrado a Deus.


Daquela o sumo sacerdote, rachando os vestidos, exclamou: Que necesidade temos de testemuñas? Vós mesmos oístes a blasfemia.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan