Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 20:9 - Biblia SEPT

9 Calquera que maldiga a seu pai e súa nai, morrerá sen remedio: maldiciu a seu pai e súa nai, terá que cargar co seu pecado.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 20:9
17 Iomraidhean Croise  

David dixo cara a el: —"Que o teu sangue recaia enriba da túa cabeza, pois a túa propia boca falou contra ti, cando dixeches: eu matei o unxido do Señor".


O Señor botará ese sangue enriba da súa cabeza, pois matou a dous homes máis honrados e mellores ca el, ás escondidas de meu pai David: Abner, fillo de Ner, xeneral de Israel, e Amasá fillo de Iéter, xeneral de Xudá.


O que maldiga a seu pai ou a súa nai é reo de morte.


A quen maldí do seu pai e da súa nai, esmorézalle a candea na tebra máis fonda.


Hai xente que maldí ó propio pai, e non bendí á súa nai.


Ollos de quen se burla do pai e aldraxa á nai anciá, que lles arrinquen os ollos os corvos e sexan comestos das aguias!


prestar con usura, cobrar intereses, acaso vivirá? —Non vivirá: cometeu todas estas abominacións e morrerá sen remedio; o sangue dos seus crimes volverase contra el.


Dentro de ti trátase con desprezo a pai e nai, dentro de ti trátase con violencia ó emigrante, dentro de ti son oprimidos o orfo e a viúva.


A muller que se achegue a un animal calquera e faga con el o coito, morrerá xunto co animal: os dous morrerán sen remedio, cargarán co seu pecado.


O home ou a muller que exerza como adiviño ou como bruxo, terá que ser morto sen remedio, morrerá acantazado: serán responsables do propio sangue".


Porque Deus dixo: Mira por teu pai e mais por túa nai, e quen abandone a seu pai ou súa nai é reo de morte.


Todo o pobo respondeu dicindo: Pois que recaia o seu sangue sobre nós e sobre nosos fillos.


Porque Moisés dixo: Coida de teu pai e mais de túa nai, e quen abandone a seu pai ou a súa nai é reo de morte.


Maldito sexa quen desprece a seu pai e a súa nai. E todo o pobo dirá: Amén.


Mais se alguén chega a saír das portas da túa casa, apandará el co seu sangue, sendo nós inocentes; en troques, seremos nós os responsables de quen estea contigo na casa: se alguén lle pon a man enriba, o seu sangue caerá sobre nós.


(Para vingar deste xeito a violencia feita nos setenta fillos de Ierubaal, e botar o seu sangue sobre Abimélec, seu irmán, que os matara, e sobre os señores de Xequem, que enforteceran as mans daquel para matar a seus irmáns).


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan