Pois eu son o Señor, o voso Deus: santificádevos para serdes santos, porque eu son santo. Non vos contaminedes con ningún réptil que se arrastra polo chan.
pero non entrará alén do veo nin se achegará ó altar, porque ten unha eiva, e non debe profanar o meu santuario, pois eu son o Señor, que os santifico".
Vós, logo, coma elixidos de Deus, santos e benqueridos, revestídevos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia.
E dixo Xosué ó pobo: —"Vós non sodes quen para servirdes ó Señor, pois El é un Deus santo e dado ós celos e non aturaría as vosas rebeldías nin os vosos pecados.