Este díxolle: —"Isto di o Señor: xa que deixaches escapar da túa man o home que eu dedicara ó exterminio, pagarás a súa vida coa túa vida e o seu exército co teu".
Eu mesmo me encararei con el, e exterminareino do medio do meu pobo, porque, entregando a Molok da súa descendencia, contaminou o meu santuario e profanou o meu nome santo.
eu mesmo tornarei o meu rostro contra o tal home e contra a súa parentela, e arrincareino do medio do seu pobo, a el e a cantos prevaricaron detrás del, prostituíndose diante de Molok.
Por iso os fillos de Israel non poderán levantar cabeza diante dos seus inimigos; volveranlles o lombo, pois fixéronse obxecto do exterminio. Non continuarei estando convosco, se non quitades do medio de vós o consagrado.
Pero teño contra ti unhas poucas cousas: que tes aí algunha xente enleada coa doutrina de Balaam, que ensinaba a Balac a escandalizar os fillos de Israel, incitándoos a comer carne sacrificada ós ídolos e a darse á prostitución.