Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 20:3 - Biblia SEPT

3 Eu mesmo me encararei con el, e exterminareino do medio do meu pobo, porque, entregando a Molok da súa descendencia, contaminou o meu santuario e profanou o meu nome santo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 20:3
16 Iomraidhean Croise  

Calquera que prepare outro óleo coma este e unxa con el un profano, será excluído do pobo".


Decatádevos, Casa de Israel! Así fala o meu Señor, Iavé: —Uns ide, e adorade os vosos ídolos; e os demais, que ninguén de entre vós deixe de me facer caso, e non volvades profanar o meu santo Nome coas vosas ofrendas e cos vosos ídolos.


Pois, pola miña vida é o Señor, Iavé, quen fala, por teres profanado o meu santuario cos teus ídolos e coas túas abominacións, xuro que tamén eu te rexeitarei, e que o meu rostro non terá compaixón de ti e eu tampouco non te perdoarei.


Arredaredes os fillos de Israel da súa impureza, para non morrerdes por culpa dela, nin profanardes o meu tabernáculo, que está no medio voso.


Enfrontareime con calquera individuo da familia de Israel ou estranxeiro residente no medio voso, que coman sangue, e exterminareinos do seu pobo.


Non permitirás que ningún dos teus descendentes adore a Molok, manchando o nome do teu Deus. Eu son o Señor.


Non xuraredes en falso no meu nome, sería aldraxar o nome do teu Deus. Eu son o Señor.


Se, non obstante, os seus conveciños pechasen os ollos para non veren que tal home sacrificou un descendente seu a Molok e non o teren que matar,


Serán santos para o seu Deus, non profanando o seu nome, porque son eles os que presentan sacrificios de holocausto ó Señor, alimento do seu Deus: deberán ser santos.


Calquera que coma carne do sacrificio de comuñón sendo culpable dalgunha impureza, será exterminado do medio do seu pobo.


Quen toque algo impuro, ben de home, ben de animal, ben dalgún outro obxecto impuro, e coma da carne do sacrificio de comuñón ofrecido ó Señor, será exterminado do medio do seu pobo".


Quen toque o cadáver dunha persoa, se non se purifica, profanou a morada do Señor, e ese tal terá que ser exterminado de Israel, porque a auga lustral non caeu sobre el: é impuro, e a súa impureza ficará sobre el.


Pero se o home que é impuro non se purifica, deberá ser botado do medio da comunidade, por contaminar o santuario do Señor; as augas lustrais non foron asperxidas sobre el, está impuro.


Que consenso pode haber entre o templo de Deus e mais os ídolos? Nós somos templo de Deus vivo; así o dixo Deus: hei vivir e camiñar con eles; serei o seu Deus e eles serán o meu pobo.


Pois a mirada do Señor fólgase nos xustos, e os seus oídos atenden os seus rogos; pero a cara do Señor anóxase contra os que fan o mal.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan