2 —"Dilles ós fillos de Israel: Calquera dos fillos de Israel ou dos forasteiros que moran en Israel que lle sacrifique un fillo a Molok, morrerá sen remedio. A xente do seu pobo acantazarao con pedras.
Sacrificaron no lume os seus fillos e as súas fillas. Practicaron artes de mal agoiro e bruxerías, vendéronse, facendo o mal ós ollos do Señor, provocando a súa carraxe.
Queimaba incenso no val de Ben—Hinnom e incluso sacrificou a seu fillo na fogueira, segundo costume aborrecible das nacións que o Señor expulsara ante os israelitas.
queimou os seus fillos no val de Ben—Hinnom: practicou a adiviñación, a maxia e a feiticería, e instituíu nigromantes e adiviños. Facía continuamente o que o Señor reproba, alporizándoo.
Ollade: nos outeiros do val de Ben Hinnom construíron os altares de Baal para pasar polo lume os seus fillos e mais as súas fillas en honor de Molok, cousa que nin eu lles mandei; nin se me veu á cabeza que fixesen semellante horror, extraviando deste xeito a Xudá.
Non fixen eu que se contaminasen coas súas ofrendas, ó faceren pasar polo lume a todos os primoxénitos, para volvelos unha desolación e para que así recoñezan que eu son o Señor?
Cando vós levantades as vosas ofrendas, cando facedes pasar os vosos fillos polo lume, estádesvos lixando con todos os vosos ídolos ata hoxe, e voume deixar eu consultar por vós, Casa de Israel? Pola miña vida —é o meu Señor, Iavé, quen fala—, que non me deixarei consultar por vós.
Si que cometeron adulterios! Teñen sangue nas súas mans e cometeron adulterios cos seus ídolos; e ademais os seus propios fillos, que para min deran a luz, servíronllelos en comida ós ídolos.
Calquera israelita ou estranxeiro residente no medio de vós que cace algún animal ou ave dos que se poden comer, e verte o seu sangue, deberao tapar con terra.
Toda persoa nativa ou estranxeira que coma da carne dun animal morto ou esnaquizado, lavará a súa roupa, bañarase en auga, e quedará impuro ata a tarde; despois será puro.
Quenquera que aldraxe o nome do Señor morrerá sen remedio. A comunidade toda terá que o matar a pedradas, sexa estranxeiro sexa nativo. Calquera que aldraxe o nome do Señor será matado.
Despois de lles falar Moisés ós israelitas, sacaron o blasfemo fóra do campamento e acantazárono todos os fillos de Israel, tal como lle ordenara o Señor a Moisés.
Non fagas así no culto ao Señor, o teu Deus, pois todo iso é abominación para o Señor, porque el odia o que eles fan no culto ós seus deuses, pois mesmo chegan a queimar no lume a seus fillos e a súas fillas en honor ós deuses.
Se se atopa no medio de ti nalgunha das cidades que o Señor, o teu Deus, che vai dar, home ou muller que faga o que está mal ós ollos do Señor, o teu Deus, transgredindo a súa Alianza,
Non se atopará en ti quen faga pasar o seu fillo e á súa filla polo lume, quen prediga adiviñacións, quen faga encantamentos, quen lea as sortes nos astros, quen se dea á bruxería,
Logo apedrarano a cantazos todos os homes da súa cidade e morrerá. Deste xeito apartarás o mal do medio de ti, e todo Israel escoitarao e collerá medo.
farán saír a rapaza á porta da casa de seu pai e os homes da cidade apredrarana a cantazos, e morrerá, pois cometeu unha infamia en Israel, entregándose á prostitución na familia de seu pai. Deste xeito apartarás a maldade do medio de ti.