11 Calquera que se deitou coa muller de seu pai, descubriu a nudez de seu pai: os dous morrerán sen remedio, cargarán co seu pecado.
Ningún de vós se achegará a ningunha persoa consanguínea para lle descubrir a súa nudez. Eu son o Señor.
Refregan contra o po a cabeza dos mendigos e desviaron o vieiro dos pobres; pai e fillo xúntanse coa mesma moza para profanar o meu santo nome;
Non se oe falar doutra cousa que da indecencia que hai entre vós; e dunha indecencia tal, que nin entre os pagáns se viu cousa coma ela. Pois chega a darse o caso de que un vive coa muller de seu pai.
Maldito sexa quen se deite coa muller de seu pai, pois destapou un lenzo do mantón de seu pai. E todo o pobo dirá: Amén.
Maldito sexa quen se deite coa súa sogra. E todo o pobo dirá: Amén.