4 Cando ofrezas unha oblación cocida no forno, ha de ser un molete de flor de fariña sen fermento adobada con aceite, e boliños sen fermento amasados con aceite.
Velaí o meu servo, a quen teño collido da man; velaí o meu escollido no que eu me comprazo. Teño posto sobre el o meu espírito: ditaralles sentencia xusta ás nacións.
O Espírito do Señor, Iavé, está sobre min, porque o Señor me unxiu. Mándame anunciar a boa nova ós pobres, curar os de corazón esnaquizado, proclamarlles ós cativos a liberdade e ós presos que abran os ollos,
Entón díxome: —Este é o local onde os sacerdotes farán ferver as vítimas dos sacrificios de expiación e dos sacrificios polo pecado, e onde cocerán no forno a ofrenda, para, deste xeito, non saíren ó adro exterior e non consagraren o pobo.
Moisés díxolles a Aharón e a Elazar e Itamar, seus fillos superviventes: "Collede o que resta das oblacións do Señor, que non se queimou, e comédeo sen levedar ó pé do altar, porque é unha cousa sacrosanta.
Quen queira presentar unha oblación para dar grazas, ademais da vítima da ofrenda, ofrecerá bolos sen fermento adobados con aceite e bolas sen fermento sazonadas con aceite e tortas de flor de fariña mesturada con aceite.
e tamén un cesto de bolos de pan asmo de flor de fariña triga, amasada con aceite, e tortas sen fermento cociñadas con aceite, e todo o que se precisa para a oblación e as libacións destes sacrificios.
Pois era xustamente deste xeito o sacerdote que nós precisabamos: santo, sen ruindade e sen pecado, separado dos pecadores e levantado a unha gloria máis alta có mesmo ceo.