Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 2:3 - Biblia SEPT

3 O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto á honra do Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 2:3
17 Iomraidhean Croise  

E o gobernador díxolles que non comesen dos alimentos moi santos, ata que un sacerdote se presentase por medio do urim e os tummin.


Durante sete días expiarás polo altar e despois consagraralo. O altar será santísimo; calquera cousa que o toque quedará consagrada.


Eles comerán da ofrenda e das vítimas dos sacrificios polo pecado e das vítimas dos sacrificios de expiación; e todo o que se consagra ó Señor en Israel será para eles.


Entón díxome: —Este é o local onde os sacerdotes farán ferver as vítimas dos sacrificios de expiación e dos sacrificios polo pecado, e onde cocerán no forno a ofrenda, para, deste xeito, non saíren ó adro exterior e non consagraren o pobo.


O pernil dianteiro e o peito ofrendados serán pasados por enriba do lume no que arden as graxas, abalándoos ritualmente na presenza de Iavé, e pertencerán a ti e ós teus fillos. Lei perpetua, como mandou o Señor".


Sacrificará o año no lugar en que se adoita facer a expiación e mais o holocausto, isto é, no lugar sagrado, porque tanto o sacrificio de purificación coma o de expiación, son cousas santísimas, e pertencen ó sacerdote.


O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto para o Señor.


Poderá comer do alimento do seu Deus, das ofrendas santísimas e das santas;


Con isto o sacerdote expiará o pecado cometido dalgunha destas maneiras e quedaralle perdoado. O resto da ofrenda pertence ó sacerdote, como na oblación normal".


Aharón e seus fillos comerán o resto da oblación, sen fermento, no lugar santo, no limiar da Tenda do Encontro.


A mesma lei para o sacrificio de expiación será para o da reparación. A vítima pertencerá ó sacerdote que fai a expiación.


Calquera oblación asada no forno, fritida na tixola ou cocida na tarteira será só para o sacerdote oferente.


Isto é o que che tocará a ti das cousas máis sagradas, fóra do que é queimado no lume: todas as ofrendas que me presenten nas súas diversas oblacións, nos seus sacrificios polo pecado e sacrificios polo delito: como cousa santísima, corresponderanche a ti e a teus fillos.


Non o escollín a el, de todas as tribos de Israel, para que fose o meu sacerdote, subise ó meu altar, queimase o meu incenso e levase o efod diante de min? A familia de teu pai concedinlle unha parte nas oblacións dos israelitas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan