Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 2:16 - Biblia SEPT

16 O sacerdote queimará a lembranza, parte dos grans debullados e parte do aceite e todo o incenso, como holocausto para o Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 2:16
12 Iomraidhean Croise  

Suba a miña oración coma o incenso ante ti, as miñas mans alzadas, coma a ofrenda da tarde.


O Espírito do Señor, Iavé, está sobre min, porque o Señor me unxiu. Mándame anunciar a boa nova ós pobres, curar os de corazón esnaquizado, proclamarlles ós cativos a liberdade e ós presos que abran os ollos,


despois de lavar as entrañas e as patas con auga, o sacerdote fará queimar todo xunto sobre o altar, como holocausto de recendo para o Señor.


Poderédelas ofrecer como oblación de primicias ó Señor, pero non as queimaredes no altar como recendo para o Señor.


Se ofreces oblación de primicias ó Señor, presentarás espigas sen madurar, torradas no lume, debullando os seus grans tenros, como oblación das túas primicias;


botaraslles aceite enriba e poraslles incenso, pois é unha oblación.


O sacerdote quitará da oblación a lembranza e queimaraa no altar como holocausto de recendo para o Señor.


El, nos días da súa vida mortal, a fortes gritos e con bágoas, presentou oracións e súplicas a quen o podía salvar da morte e Deus escoitouno por mor da súa submisión.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan