Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 2:11 - Biblia SEPT

11 Toda oblación que lle fagades ó Señor ha de ser preparada sen fermento, porque non se debe queimar en holocausto ó Señor ningunha ofrenda con fermento ou mel.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 2:11
19 Iomraidhean Croise  

Non me ofrecerás o sangue dos sacrificios con pan lévedo. Non deixarás a graxa da festa ata a mañá.


Collerás todo outra vez das súas mans e queimaralo no altar coma holocausto, coma recendo que prace ó Señor. É un sacrificio no seu honor.


Non ofrecerás pan lévedo co sangue do sacrificio. Do sacrificio da festa da Pascua non deixarás quedar nada para o día seguinte.


Filliño, toma mel, que che é bo, o panal é doce ó padal;


Se atopas mel, come só o que cómpre, non sexa que te fartes e o vomites;


Non é san darse unha enchente de mel, nin procurar honores tras honores.


Lavaranse con auga os intestinos e as patas e o sacerdote presentará e queimará todo xunto sobre o altar, como holocausto de recendo para o Señor.


Non lle porás fermento, pois é a porción que eu lles dou do holocausto das ofrendas que se me fan a min; é cousa moi santa, coma a expiación polo pecado e a reparación polo delito.


E díxolles Xesús: Tede coidado. Ollo co fermento dos fariseos e saduceos!


Xesús recomendoulles: Tende coidado, e gardádevos do fermento dos fariseos e do fermento de Herodes.


Tanta era a xente reunida arredor del que se pisaban uns a outros. El comezou a falar dicíndolles primeiramente ós discípulos: Coidadiño co fermento dos fariseos, que é a hipocrisía!


Tede conta de vós mesmos; non sexa que vos atordedes na borracheira, na libertinaxe e nas preocupacións da vida, e de súpeto caia sobre vós aquel día;


enfortecendo o espírito dos discípulos e animándoos a perseveraren na fe, porque dicíanlles temos de pasar por moitos traballos, para entrarmos no Reino de Deus.


cun chisco de fermento abonda para levedar a masa toda.


de xeito que vivades o resto da vosa vida corporal para cumprirdes a vontade de Deus e xa non para satisfacer as paixóns humanas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan