Non me trouxeches as reses para os teus holocaustos, nin me honraches cos teus sacrificios, aínda que non te obriguei a darme culto coa ofrenda, nin te carguei coa obriga do incenso.
Eles traerán a todos os seus irmáns coma ofrenda para o Señor, en cabalos e en carros, en liteiras, en mulos e en dromedarios, ata o meu santo monte de Xerusalén —dío o Señor—, así como os fillos de Israel traen ó templo do Señor a ofrenda en vasillas limpas.
Entón díxome: —Este é o local onde os sacerdotes farán ferver as vítimas dos sacrificios de expiación e dos sacrificios polo pecado, e onde cocerán no forno a ofrenda, para, deste xeito, non saíren ó adro exterior e non consagraren o pobo.
No día oitavo collerá dous años sen chata e unha ovelliña dun ano sen chata, e tres décimos de flor de fariña, mesturada con aceite, coma oblación, e un cuarteirón de aceite.
Pero se nin sequera ten dúas rulas nin dous pombiños, ofrecerá, como oblación súa polo seu pecado, a décima parte dun efah de flor de fariña, sen lle botar aceite, nin lle pór incenso, por ser ofrenda polo pecado.
Un boi e un carneiro para o sacrificio de comuñón, que sacrificaredes diante do Señor, a máis dunha oblación adobada con aceite. Hoxe de seguro hásevos aparecer o Señor".
Certo, desde a saída do sol ata a súa posta é grande o meu Nome entre os pobos, e en todos os lugares arde unha oblación no meu Nome e unha ofrenda pura, porque grande é o meu Nome entre os pobos —fala o Señor dos Exércitos—.
Isto é o que che tocará a ti das cousas máis sagradas, fóra do que é queimado no lume: todas as ofrendas que me presenten nas súas diversas oblacións, nos seus sacrificios polo pecado e sacrificios polo delito: como cousa santísima, corresponderanche a ti e a teus fillos.
A súa ofrenda foi: unha fonte de prata, que pesaba cento trinta siclos e unha artesa de prata de setenta siclos de peso, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;
Velaquí a súa ofrenda: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso e unha artesa de prata de setenta siclos de peso, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;
Despois tomarán un xovenco coa súa ofrenda de flor de fariña, amasada con aceite, como oblación, e ti tomarás outro xovenco que ofrecerás coma expiación polo pecado.
Ademais, vós conservades dentro a unción que recibistes de Cristo e deste xeito non precisades que ninguén vos faga de mestre; porque a unción de Cristo que é unha realidade e non unha ilusión xa vos ensina todo. Permanecede nel como ela vos ensinou.
Chegou outro anxo cun incensario de ouro. Púxose ó pé do altar e déuselle moito incenso, para que o ofrecese no altar de ouro, que está diante do trono, coas oracións de todo o pobo santo.