8 Quen coma dela, cargará coa súa iniquidade, por profanar unha cousa consagrada ó Señor: ese tal será exterminado do seu pobo.
Calquera que prepare outro óleo coma este e unxa con el un profano, será excluído do pobo".
Se algún se atreve a comela no terceiro día, estaría xa corrompida: non será aceptable.
Cando fagades a seitura dos vosos campos, non seguedes todos os recantos do eido, nin fagades a rebusca das espigas caídas.
Non profanarán as cousas sagradas que os israelitas lle ofrezan ó Señor.
Se unha persoa peca porque, citado con xuramento como testemuña de vista ou de oído, non declarou, cargará coa súa culpa.
Calquera que coma carne do sacrificio de comuñón sendo culpable dalgunha impureza, será exterminado do medio do seu pobo.
Quen toque algo impuro, ben de home, ben de animal, ben dalgún outro obxecto impuro, e coma da carne do sacrificio de comuñón ofrecido ó Señor, será exterminado do medio do seu pobo".