Ezequías organizou por clases ós sacerdotes e levitas, asignando a cada un a súa función sacerdotal ou levítica: ofrecer holocaustos e sacrificios de comuñón, dar grazas e loar e servir á entrada dos campamentos do Señor.
Cando o príncipe queira ofrecer ó Señor un holocausto da súa libre vontade ou un sacrificio de comuñón da súa libre vontade, abriráselle a porta que mira ó nacente e fará o seu holocausto e o seu sacrificio de comuñón como o fai os sábados; logo sairá e pecharase a porta, despois de que el saia.
para que desde fóra entre o príncipe polo vestíbulo da porta e se quede de pé xunto ós marcos desta porta. Logo, os sacerdotes ofrecerán o seu holocausto e o seu sacrificio de comuñón, e el prostrarase no vestíbulo da porta, e logo sairá. A porta non se pechará ata o serán.
Se a súa oblación fose holocausto de boi, deberá ser macho sen chata. Presentarao á porta da Tenda do Encontro e ofrecerao para que sexa aceptable na presenza do Señor,
Calquera que ofreza ó Señor un sacrificio de comuñón, para cumprir un voto ou por devoción espontánea, terá que ser de gando maior ou menor, pero sen tacha. Non terá ningún defecto.
Se a vítima se ofrece para cumprir un voto ou unha promesa voluntaria, comerase no mesmo día en que se sacrifica, pero o sobrante poderase comer no día seguinte.
Se alguén quixese comer carne da vítima do sacrificio de comuñón no terceiro día, non lle será aceptable a súa oblación, non se terá por válida: será rexeitada e quen coma dela cargará coa súa culpa.