senón que fuches peor ca todos os teus antecesores, facendo para ti deuses estraños e ídolos fundidos, cos que me anoxaches, e volvéndome a min as costas,
El recibiunos das súas mans, e fixo do metal fundido un becerro, modelado a cicel. O pobo exclamaba diante del: —"Este é o teu Deus, Israel, que te sacou de Exipto".
Pois eu son o Señor, o voso Deus: santificádevos para serdes santos, porque eu son santo. Non vos contaminedes con ningún réptil que se arrastra polo chan.
Non vos fabricaredes deuses, nin esculturas, nin imaxes, nin levantaredes estatuas de pedra. Na vosa terra non as levantaredes para as adorar, pois eu son o Señor, o voso Deus.
Aplicade o voso sentido desde o día aquel para atrás, desde o día vinte e catro do noveno mes, si, desde o día en que se puxeron os cimentos do santuario do Señor, aplicade o voso sentido.
Maldito sexa o home que faga un ídolo e unha imaxe de fundición —abominación para o Señor, obra das mans dun artista— e o poña en lugar escondido. E todo o pobo collerá a palabra e dirá: Amén.
Habedes de queimar no lume as imaxes dos seus deuses. Non podes cobizar a prata e o ouro que as recobre, nin os collas para ti: non caerás na súa trampa. Olla que son abominación para o Señor o teu Deus,