Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 19:3 - Biblia SEPT

3 Cada un respecte a súa nai e a seu pai, e garde os meus sábados. Eu son o Señor, o voso Deus.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 19:3
31 Iomraidhean Croise  

Xosé retirou os nenos de entre os xeonllos de seu pai e prostrouse por terra.


Décheslles a coñecer o teu santo sábado, décheslles ordes, mandatos e unha Lei, por medio do teu servo, Moisés.


Vedes que o Señor vos deu o sábado. Por iso vos manda o pan de dous días no día sexto. Que cada un quede na súa casa e que ninguén saia do seu sitio o día sétimo".


Honra a teu pai e a túa nai, para que a túa vida sexa longa na terra que o Señor teu Deus che dá.


Pensa no día do sábado, para o faceres día santo.


O que fire a seu pai ou súa nai é reo de morte.


O que maldiga a seu pai ou a súa nai é reo de morte.


Filliño, escoita a instrución de teu pai e non refugues o ensino de túa nai;


Escoita a teu pai, que te xerou; e non desbotes a túa nai, se vai vella.


Hai xente que maldí ó propio pai, e non bendí á súa nai.


Ollos de quen se burla do pai e aldraxa á nai anciá, que lles arrinquen os ollos os corvos e sexan comestos das aguias!


Se apartas o teu pé do sábado, de faceres o que ti queres no meu día santo, se lle chamas ó sábado: "Delicia"; ó día santo do Señor: "Venerable", e se o veneras, deixando de facer as túas viaxes, de atopar os teus negocios e de tratar os teus asuntos,


E tamén lles dei os meus sábados para que sirvan de sinal entre min e eles, para que se saiba que eu son o Señor que os consagra.


Pois eu son o Señor, o voso Deus: santificádevos para serdes santos, porque eu son santo. Non vos contaminedes con ningún réptil que se arrastra polo chan.


No quinto ano comeredes o seu froito, así aumentará para vós o seu produto. Eu son o Señor, o voso Deus.


Gardaredes os meus sábados, e respectaredes o meu santuario. Eu son o Señor.


Non iredes ós bruxos nin consultaredes os adiviños, contaminándovos con eles. Eu son o Señor, o voso Deus.


tratádeo coma nativo entre vós, un peregrino máis convosco: amarédelo coma a vós mesmos, porque peregrinos fostes tamén vós no Exipto. Eu son o Señor, o voso Deus.


Durante seis días faredes os vosos traballos. No día sétimo gardaredes repouso total, teredes asemblea sagrada: non faredes ningún traballo, será repouso para loanza do Señor en todo país onde habitedes.


Gardaredes os sábados e terédeslle moito respecto ó meu santuario. Eu son o Señor.


O fillo venera ó pai, e o servo ó señor. Pero, se eu son o Pai, onde está a miña veneración? E se eu son o Señor, onde está o meu respecto?" —dívolo o Señor dos Exércitos a vós, sacerdotes que desprezades o meu Nome. E vós dicides: "En que desprezamos o teu Nome?"


Maldito sexa quen desprece a seu pai e a súa nai. E todo o pobo dirá: Amén.


Honra a teu pai e túa nai, tal como cho mandou o Señor, o teu Deus, para que se alonguen os teus días e atopes a felicidade na terra, que o Señor o teu Deus che vai dar.


Aínda máis, nosos pais terrestres eran os que nos castigaban e con todo respectabámolos. E logo non nos habemos de someter con moita máis razón ó Pai do espírito, para podermos vivir?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan