Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 19:12 - Biblia SEPT

12 Non xuraredes en falso no meu nome, sería aldraxar o nome do teu Deus. Eu son o Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 19:12
19 Iomraidhean Croise  

o que estima desprezable ó malvado e aprecia os que temen ó Señor; o que non se vira no xuramento, aínda que sexa no seu dano;


Non pronunciarás en van o nome do Señor o teu Deus, pois o Señor non deixa sen castigo ó que pronuncia en van o seu nome.


Escoitade isto, casa de Xacob, os que se chaman co nome de Israel e saíron do sangue de Xudá, os que fan o xuramento polo nome de Iavé e nomean o Deus de Israel, sen verdade e sen xustiza.


Pero volvéstesvos atrás e profanastes o meu Nome, facendo cada un de vós volver o seu servo e a súa serva, que mandarades libres, e sometéstelos a ser servos e servas vosos.


se xuras "Vive o Señor!" (con verdade, con xustiza e con dereito), El bendicirá por ti os pobos e cubriraos de gloria.


Se din: "Vive o Señor!", é para xuraren en falso.


E logo non matades, roubades, cometedes adulterios e xurades en falso? Acaso non ofrendades incenso a Baal e ides tras deuses alleos que antes nin coñeciades?


Non permitirás que ningún dos teus descendentes adore a Molok, manchando o nome do teu Deus. Eu son o Señor.


Eu mesmo me encararei con el, e exterminareino do medio do meu pobo, porque, entregando a Molok da súa descendencia, contaminou o meu santuario e profanou o meu nome santo.


O fillo da muller israelita blasfemou contra o nome de Deus, e por iso foi levado onda Moisés (o nome da nai era Xelomit, filla de Dibrí, da tribo de Dan).


O sacerdote, tendo todo o seu corpo vestido con túnica e calzóns de liño, recollerá do altar as cinsas da vítima consumida polo lume e botaraas á beira do altar.


Entón el díxome: "Isto é a maldición que se estende por todo o país; conforme a ela todo o que roube será expulsado deste país, e todo o que perxura, será tamén expulsado.


Fíxena saír —é o Señor dos Exércitos quen fala—, para que entre na casa do ladrón e na casa do que xura en falso polo meu nome para que quede dentro delas e se consuman as súas madeiras e as súas pedras".


Entón achegareime a vós para o proceso xudicial, e serei acusador aleuto contra os feiticeiros e contra os adúlteros, contra os que xuran en falso e contra os que abusan do pagamento do xornaleiro, da viúva e do orfo, e rebaixan os dereitos do emigrante. Pero non me teñen medo —fala o Señor dos Exércitos—.


Non invocarás o nome do Señor, o teu Deus, en van, pois non deixará o Señor sen castigo ao que invoque en van o seu nome.


Sobre todo, irmáns, non xuredes: nin polo ceo nin pola terra, nin por cousa ningunha; que o voso si sexa si e que o voso non sexa non, para que non vos sometan a xuízo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan