Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 19:10 - Biblia SEPT

10 Tampouco non farás a rebusca da túa viña, nin aproveitarás os acios. Serán para o pobre e o forasteiro. Eu son o Señor o teu Deus.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 19:10
16 Iomraidhean Croise  

e soamente queda nela un resto, o mesmo que cando se varea a oliveira, e quedan dúas ou tres olivas na puntiña, catro ou cinco nas pólas que dan froito. —É o Señor, Deus de Israel quen fala—.


Certo, así acontecerá no medio da terra, no medio dos pobos, coma no vareo da oliva, coma nos rebuscos cando acabou a vendima.


Cando entren en ti os vendimadores, non deixarán acio ningún; cando entren de noite os ladróns, destruirán canto lles cumpra.


Pois eu son o Señor, o voso Deus: santificádevos para serdes santos, porque eu son santo. Non vos contaminedes con ningún réptil que se arrastra polo chan.


Non roubaredes, nin negaredes o prestado, e que ninguén engane ó seu próximo.


No quinto ano comeredes o seu froito, así aumentará para vós o seu produto. Eu son o Señor, o voso Deus.


Cando fagades a seitura dos vosos campos, non seguedes todos os recantos do eido, nin fagades a rebusca das espigas caídas.


Cando fagades a seitura do pan na vosa terra, non segaredes ata os recunchos dos vosos eidos, nin espigaredes no segado: deixaredes as espigas caídas para o pobre e o forasteiro. Eu son o Señor, o voso Deus".


O que produza a terra no ano sabático, chegará para alimentarvos a ti, ó teu criado, a túa criada, ó teu xornaleiro, ó teu parceiro e a todos os forasteiros que moran contigo.


Se entrasen en ti ladróns, non che roubarían todo o que lles é preciso? Se che entrasen os salteadores da noite, non serías totalmente destruída? Se entrasen en ti os vendimadores, non che deixarían sen un acio?


Ai de min! Pois veño ser coma os que fan a colleita do verán, coma as mulleres que rebuscan na vendima; non hai nin un acio para comer, nin figo temperán que satisfaga o meu gusto.


Se segas a túa anada no teu campo e esqueces un monllo, non deas a volta para collelo: será para o emigrante, para o orfo e para a viúva, a fin de que o Señor, o teu Deus, te bendiga en todas as obras da túa man.


Se vareas a túa oliveira, non varees de segundas as ramas verdes: o que quede será para o emigrante, para o orfo e para a viúva.


Se vendimas a túa viña, non rebusques de segundas: o rebusco será para o emigrante, para o orfo e mais para a viúva.


E respondeulles: —"E que fixen eu agora, comparado co que fixestes vosoutros? E logo non é mellor o rebusco de Efraím cá viña de Abiezer?


E dixo Rut, a moabita, a Noemí: —"Déixame ir ó campo, apañar as espigas detrás daquel en quen hei de atopar benquerenza". E respondeulle ela: —"Vai, miña filla!"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan