9 Non descubrirás a nudez da túa irmá, filla do teu pai ou de túa nai; sexa nacida na casa, ou fóra dela, non descubrirás a súa nudez.
En ti uns cometen abominacións coa muller do irmán, outros manchan con impureza a propia nora, e outros abusan da irmá, filla de seu pai.
Non descubrirás s nudez da filla do teu fillo, nin a da filla da túa filla, pois é a túa propia nudez.
Non descubrirás la nudez da filla dunha muller de teu pai, xerada polo teu pai: ela é túa irmá.
O home que colla a súa irmá, filla de seu pai ou de súa nai, e vexa a súa nudez e ela vexa a nudez del, cometen unha ignominia: serán exterminados á vista dos seus conveciños; por descubrir a nudez da súa irmá, cargará coa súa perversidade.
Maldito sexa quen se deite coa súa media irmá, filla do pai ou da nai. E todo o pobo dirá: Amén.