8 Non descubrirás la nudez da muller do teu pai, pois é a nudez de teu pai.
Estando Israel naquela terra, achegouse Rubén a Bilhah, concubina de seu pai. A cousa chegou a oídos de Israel. Os fillos de Xacob foron doce.
Arrogante coma as augas, xa non medras, porque subiches ó leito de teu pai e, ó subires, profanaches o meu tálamo.
En ti hai quen destapa a nudez que pertence ó pai, en ti abusan da muller na impureza da regra.
Calquera que se deitou coa muller de seu pai, descubriu a nudez de seu pai: os dous morrerán sen remedio, cargarán co seu pecado.
Refregan contra o po a cabeza dos mendigos e desviaron o vieiro dos pobres; pai e fillo xúntanse coa mesma moza para profanar o meu santo nome;
Non se oe falar doutra cousa que da indecencia que hai entre vós; e dunha indecencia tal, que nin entre os pagáns se viu cousa coma ela. Pois chega a darse o caso de que un vive coa muller de seu pai.
Un home non pode casar cunha muller do pai, nin poderá retirar a punta do manto de seu pai.
Maldito sexa quen se deite coa muller de seu pai, pois destapou un lenzo do mantón de seu pai. E todo o pobo dirá: Amén.