Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 18:5 - Biblia SEPT

5 Aprenderedes os meus decretos e gardaredes os meus estatutos, e viviredes neles cada un de vós. Eu son o Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 18:5
19 Iomraidhean Croise  

Ti amoestábalos para que retornasen á túa Lei, mais eles, altivos, non facían caso das túas ordes. Pecaron contra os teus mandamentos, que o home debe cumprir para ter a vida. Déronche as costas, cheos de rebeldía, actuaron con orgullo e non quixeron escoitar.


Deus seguiu dicindo: —"Eu son Iavé.


díxolle: —"Eu son Iavé. Repítelle ó faraón, rei de Exipto, todo o que eu che digo".


Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.


Baixade o oído e vinde onda min, facédeme caso e revivirán as vosas ilusións, pois pactarei convosco unha alianza eterna, os beneficios de David que se manteñen firmes.


se camiña conforme os meus preceptos e garda os meus mandamentos, practicando a verdade e a xustiza: este certamente vivirá. —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


Deilles os meus preceptos e fíxenlles coñecer as miñas leis, que dan vida ó home que as cumpre.


Pero rebelouse contra min a Casa de Israel no deserto: non seguiron os meus preceptos, senón que rexeitaron os meus mandamentos, que dan vida ó home que os cumpre, e profanaron os meus sábados desde antigo. Eu vinme tentado de verter contra eles o meu noxo para os exterminar.


Pero os fillos rebeláronse contra min: non seguiron os meus preceptos, nin gardaron as miñas leis, nin as cumpriron, pois o home que as cumpre ten a vida por elas, e profanaron os meus sábados. Entón véuseme ó pensamento verter contra eles o meu noxo, e esgotar a miña ira contra eles no deserto.


Ningún de vós se achegará a ningunha persoa consanguínea para lle descubrir a súa nudez. Eu son o Señor.


Eu son o Señor, non cambiei, pero vós, fillos de Xacob (do que engana) aínda non acabastes.


El contestoulle: Por que me preguntas acerca do bo? Soamente Un é Bo. E se queres entrar na vida, garda os mandamentos.


El díxolle: Contestaches perfectamente; cúmpreo e vivirás.


Pois Moisés escribe da xustificación que vén pola Lei: quen a practica, sálvase por ela.


e morrín eu. Atopeime así con que o mandamento, que era para dar vida, daba a morte.


Mais a Lei non procede da fe, senón que quen cumpra eses preceptos vivirá por eles.


Amando o Señor, o teu Deus, facéndolle caso á súa voz e apegándote a El. Isto é a túa vida e o alongamento dos teus días, habitando na terra que o Señor lles xurou a teus pais, a Abraham, a Isaac e a Xacob, que llela daría".


O Señor, o teu Deus, circuncidará o teu corazón e o corazón da túa descendencia, para que ames o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón e con todo o teu ser, a fin de que vivas feliz.


E agora, Israel, escoita as leis e decretos que eu vos ensino a cumprir para que vivades, entredes e tomedes posesión da terra que o Señor, Deus dos vosos pais, vos entrega.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan