Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 16:4 - Biblia SEPT

4 Vestirá unha túnica sagrada de liño, e calzóns tamén de liño no seu corpo, cinguirase cunha faixa de liño e envolverá a cabeza cun pano de liño. Vestirá estas roupas sagradas despois de bañar en auga todo o seu corpo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 16:4
23 Iomraidhean Croise  

A teu irmán Aharón faraslle vestimentas sacras, que lle dean honor e maxestade.


Mandarás a Aharón e a seus fillos acercarse á porta da Tenda do Encontro e bañarse con auga.


Cando entren na Tenda do Encontro, lavaranse con auga, e así non morrerán. E o mesmo cando se acerquen ó altar para oficiar ou para queimar unha ofrenda ó Señor.


Despois farás que se aproximen Aharón e seus fillos á entrada da Tenda do Encontro e que alí se laven.


El subiu coma tenro gromo na súa presenza, coma raíz en terra reseca. Non tiña beleza nin esplendor; vímolo, e o seu aspecto non era atraente.


Cando eles saian ó adro exterior, onda a xente, mudarán os vestidos cos que oficiaron, e deixaranos nas habitacións do templo; vestiranse con outros vestidos, para non sacralizar o pobo cos seus vestidos.


Velaí seis homes que entran polo camiño da porta de arriba, que dá ó norte, cada un ten na propia man a súa arma de esmagar. No medio deles, un home vestido de liño, co tinteiro de escribán á súa cintura. Entraron e puxéronse de pé ó lado do altar de bronce.


Despois Aharón entrará na Tenda do Encontro, espirá a roupa de liño que vestira antes de entrar no santuario, e deixaraa alí.


Despois de bañar o seu corpo con auga no lugar santo e de vestir a súa roupa ordinaria, sairá e ofrecerá o seu propio holocausto e mais o do pobo: expiará por si mesmo e polo pobo,


Fará a expiación o sacerdote que foi unxido, o que foi investido do sacerdocio en lugar de seu pai, e vestirá as roupas sagradas de liño,


Non lle porás fermento, pois é a porción que eu lles dou do holocausto das ofrendas que se me fan a min; é cousa moi santa, coma a expiación polo pecado e a reparación polo delito.


O sacerdote, tendo todo o seu corpo vestido con túnica e calzóns de liño, recollerá do altar as cinsas da vítima consumida polo lume e botaraas á beira do altar.


O anxo replicoulle: O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus.


senón que se espiu do seu rango, asumiu a condición de escravo; fíxose un home normal e presentouse coma tal


manteñámonos con criterios sans na súa presenza con plenitude de fe. Xa que estamos limpos por dentro de toda consciencia de pecado e xa que estamos lavados por fóra con auga limpa,


Por isto, xa que os fillos participan todos da mesma carne e do mesmo sangue, tamén El participou igualmente da carne e do sangue, para que coa súa morte puidese deixar sen forzas o que retiña o poder da morte, isto é, Satán;


Pois era xustamente deste xeito o sacerdote que nós precisabamos: santo, sen ruindade e sen pecado, separado dos pecadores e levantado a unha gloria máis alta có mesmo ceo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan