Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 16:2 - Biblia SEPT

2 Díxolle o Señor a Moisés: "Dille a Aharón, teu irmán, que non entre a toda hora no santuario, máis alá do veo, que está diante do propiciatorio que tapa a arca, para que non teña que morrer, porque me lle hei aparecer na nube enriba do propiciatorio.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 16:2
26 Iomraidhean Croise  

Revestiu de táboas de cedro os dez metros de fondo, desde o pavimento ó teito, e dedicou esta parte a camarín ou santísimo.


Despois os sacerdotes puxeron a Arca da Alianza do Señor no seu lugar, no camarín do templo, o santísimo, baixo as ás dos querubíns.


E os sacerdotes non puideron continuar no servizo por causa da nube, porque a gloria de Iavé enchía o templo.


Aharón fará por el a expiación, unxindo unha vez no ano os seus cornos co sangue do sacrificio polo pecado; así polas xeracións. O altar está consagrado ó Señor".


Botará o incenso no lume diante do Señor, para que a nube do perfume envolva o propiciatorio, que está sobre a arca do testemuño, e non teña que morrer.


Será para vós estatuto perpetuo, para que todos os fillos de Israel se purifiquen unha vez por ano de todos os seus pecados. E fíxose como lle mandara o Señor a Moisés".


—"No décimo día do sétimo mes, será o día da expiación. Celebraredes asemblea sagrada, mortificarédesvos e ofreceredes vítimas de lume ó Señor.


Manterédesvos á porta da Tenda do Encontro día e noite durante sete días, cumprindo as ordes do Señor para que non morrades, pois así me foi mandado".


—"Retirádevos do medio desta comunidade, pois vouna consumir nun instante!" Eles prostráronse por terra,


Ti, non obstante, e teus fillos contigo exerceredes a vosa función sacerdotal en todo o que toca ó altar e á parte interior do veo: é unha doazón que vos fago eu a vós, o voso sacerdocio, e calquera estraño que se aproxime, morrerá".


Para que vivan e non morran, habedes proceder con eles deste xeito: cando teñan que se achegar ás cousas sagradas do santuario, Aharón e seus fillos entrarán e sinalaranlles cadanseu servizo e cargo.


Cando se teña que cambiar o campamento, virán Aharón e seus fillos e farán baixar a cortina de protección e taparán con ela a Arca da Alianza.


Entón o veo do Santuario rachouse en dous de arriba abaixo. Tremeu a terra, as rochas fenderon,


Estes bens son para nós coma unha áncora de salvación, segura e firme, que penetra ata o outro lado do veo:


e non para repetir moitas veces o seu propio sacrificio, como fai o Sumo Sacerdote, que entra cada ano no santuario levando sangue alleo,


Despois da segunda cortina está a tenda chamada Santísimo,


Enriba da arca, os querubíns da Gloria, que cubrían coa súa sombra o lugar da expiación. Pero non hai agora por que seguir falando destas cousas con detalle.


Logo encheuse o santuario de fume por causa da gloria de Deus e por causa do seu poder. E ninguén podía entrar no santuario, ata que chegasen á fin as sete pragas dos sete anxos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan