Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 15:5 - Biblia SEPT

5 Calquera que toque o seu leito, terá que lavar a súa roupa, e bañarase, quedando impuro ata a tarde.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 15:5
31 Iomraidhean Croise  

Purifico, Señor, as miñas mans e dou voltas arredor do teu altar,


Cando o veu ver Natán o profeta, despois de se ter xuntado David con Batxeba.


Si, eu nacín no pecado, no mal concibiume miña nai;


O Señor díxolle a Moisés: —"Volve onda o pobo. Purificádevos hoxe e mañá, que laven a roupa


Lavádevos, purificádevos, apartade dos meus ollos a ruindade dos vosos feitos. Deixade de berrar.


Pero o meu Señor, Deus dos Exércitos, reveloume ó oído: "Esta iniquidade non vos será expiada ata que morrades", —díxoo o meu Señor, Deus dos Exércitos—.


Asperxerei sobre vós auga purificadora e quedaredes puros; de todas as vosas impurezas e de todas as vosas idolatrías heivos purificar.


Librareivos de todas as impurezas, chamarei polo pan, e farei que o haxa abondo: non vos impoñerei a fame.


Os seguintes animais contaminan: calquera que toque o cadáver dalgún destes bechos quedará impuro ata a tarde.


Aquel que leve ó lombo o cadáver dalgún deles, terá que lavar o seu vestido, e quedará impuro ata a tarde.


O que leve ó lombo o cadáver deles, terá que lavar o seu vestido e quedará impuro ata a tarde.


E todo aquilo no que caia o cadáver dalgún deles, será impuro. O mesmo que sexa un obxecto de pau coma de tecido, de coiro ou de esparto. En resume, calquera obxecto que sirva para algo, terá que ser metido na auga e quedará impuro ata a tarde. Despois será puro.


No día sétimo o sacerdote examinará de novo a chaga. Se non se estendeu nin aparece máis fonda cá pel, o sacerdote declararao puro, e despois de lavar o seu vestido, quedará puro.


Volverao mirar de novo o sacerdote no día sétimo, e se comproba que a chaga parou e non se estendeu na pel, o sacerdote declararao puro do mal da lepra. Faralle lavar os seus vestidos, e quedará puro.


e cos dedos da man dereita mollados no aceite vertido na palma da man esquerda, asperxerá sete veces diante do Señor.


Cando un home e unha muller teñen relacións sexuais, lavaranse con auga, e quedarán impuros ata a tarde.


Todo leito no que se deite o enfermo de gonorrea, será impuro; e todo banco no que se sente, será impuro.


Quen se sente no banco no que se sentou o que padece a enfermidade, lavará a súa roupa e bañarase en auga: quedará impuro ata a tarde.


O home que levou o chibo a Azazel, lavará a súa roupa, bañará o seu corpo con auga, e despois diso poderá entrar no campamento.


Aquel que os queima lavará despois a súa roupa e bañará o seu corpo con auga. Despois diso poderá entrar no campamento.


Toda persoa nativa ou estranxeira que coma da carne dun animal morto ou esnaquizado, lavará a súa roupa, bañarase en auga, e quedará impuro ata a tarde; despois será puro.


Logo o que recolleu as cinsas da vaca, lavará os seus vestidos e quedará impuro ata a tarde. Esta será a lei perpetua tanto para os fillos de Israel como para o forasteiro que mora no medio deles.


Todo o que toque a quen é impuro, quedará impuro; e toda persoa que o toque a el, quedará impura ata a tarde".


manteñámonos con criterios sans na súa presenza con plenitude de fe. Xa que estamos limpos por dentro de toda consciencia de pecado e xa que estamos lavados por fóra con auga limpa,


moito máis o sangue de Cristo (que movido polo Espírito que animou toda a súa vida, se ofreceu a si mesmo a Deus, coma vítima sen mancha) limpará a nosa conciencia das obras de morte, para así servirmos o Deus vivo.


porque, se así for, debería ter sufrido moitas veces desde a creación do mundo; pero a verdade é que agora dunha vez para sempre, no derradeiro dos períodos da historia, co sacrificio de si mesmo, quedou a disposición de todos para acabar co pecado.


Achegádevos a Deus e El achegarase a vós. Lavade as mans, pecadentos, limpade os corazóns, homes falsos.


Eu respondinlle: "Meu Señor, ti xa o sabes". E díxome: "Estes son os que veñen de pasar as súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branqueáronos co sangue do Año.


Aquel día Xaúl non dixo nada, pois pensou: será casualidade. Quizais non está puro ou non puido purificarse.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan