Baixou el entón ó Xordán e mergullouse na súa auga sete veces, segundo lle mandara o home de Deus. A súa carne tornouse entón coma a dun neno pequeno, e quedou limpo.
Díxolles: —"Se obedecedes ó Señor, o voso Deus, se facedes o que é debido, se cumprides os seus mandamentos e gardades as súas leis, non botarei sobre vós as pragas que botei sobre os exipcios, pois eu son o Señor que cura".
—"Cando a un lle apareza na pel do seu corpo unha inflamación, un furuncho ou unha mancha branquexada brillante, que se converte nunha chaga de lepra, será levado a Aharón, o sacerdote, ou a un dos seus fillos sacerdotes.
Con todo, se o sacerdote ó entrar olla que a infección non se estendeu na casa, despois que foron alisadas as paredes, declárea pura, porque desapareceu a súa infección.
E logo deulles a resposta: Ide e contádelle a Xoán o que acabades de ver e oír: os cegos ven, os coxos andan, os gafos fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles anunciando a Boa Nova.