6 Volverao mirar de novo o sacerdote no día sétimo, e se comproba que a chaga parou e non se estendeu na pel, o sacerdote declararao puro do mal da lepra. Faralle lavar os seus vestidos, e quedará puro.
O que coma dese cadáver, terá que lavar o seu vestido e quedará impuro ata a tarde; o que leve ó lombo o cadáver, terá que lavar o seu vestido, e quedará impuro ata a tarde.
—"Cando a un lle apareza na pel do seu corpo unha inflamación, un furuncho ou unha mancha branquexada brillante, que se converte nunha chaga de lepra, será levado a Aharón, o sacerdote, ou a un dos seus fillos sacerdotes.
O que se purificou, lavará a súa roupa, rapará todo o seu pelo e lavarase na auga, quedando puro de novo. Poderá entrar logo no campamento, pero terá que morar fóra da súa tenda durante sete días.
manteñámonos con criterios sans na súa presenza con plenitude de fe. Xa que estamos limpos por dentro de toda consciencia de pecado e xa que estamos lavados por fóra con auga limpa,
soamente teñen poder de purificar en relación con certas comidas, bebidas e diferentes lavatorios: todas elas normas exteriores impostas ata o momento da reforma.