Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 13:4 - Biblia SEPT

4 Mais se a mancha da pel fose branquexada pero non aparece máis fonda có resto da pel, e o pelo non branquexou, o sacerdote fará illar o enfermo durante sete días.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 13:4
14 Iomraidhean Croise  

Canto ós levitas, que vos apartaron da miña presenza, cando Israel se perdeu, e que se extraviaron da miña presenza índose tralos ídolos, cargarán coa súa iniquidade.


de seguro que é lepra xa vella na pel e na carne. O sacerdote declararao impuro e non o fará encerrar, pois é impuro.


examinarao o sacerdote. Se o pelo torna branco e a chaga aparece máis fonda cá pel, seguro que é lepra, que se formou na queimadura. O sacerdote declararao impuro: é chaga de lepra.


Pero se ó examinala, o sacerdote ve que non naceu pelo branco na mancha nin é máis fonda cá pel e soamente perdeu un pouco a cor, o sacerdote farao encerrar durante sete días.


O sacerdote examinará a chaga que aparece na pel do corpo. Se ve que afonda na carne e que o pelo do sitio da chaga branquexou, de seguro que é lepra. Os sacerdotes testemuñarán e declararano impuro.


Pero se o sacerdote ó examinar a chaga da tiña, esta non aparece máis fonda cá pel, nin hai nela pelo negrexo, o sacerdote fará encerrar durante sete días ó que ten a chaga.


E examinarao o sacerdote no día sétimo; e se, ó seu parecer, remite a infección sen se estender pola pel adiante, hao recluír por outros sete días.


O sacerdote examinará a mancha e fará pechar o obxecto contaxiado durante sete días.


sairá o sacerdote ata a entrada da casa, e mandaraa pechar durante sete días.


O Señor díxolle a Moisés: —"Se o pai dela lle cuspise no rostro, non quedaría ela en vergonza durante sete días? Estea, pois, recluída sete días fóra do campamento, e despois poderá ser outra vez chamada"!


María foi, pois, recluída sete días fóra do campamento, e o pobo non partiu ata que María non foi chamada de novo.


De modo, que non xulguedes antes de tempo: agardade a que chegue o Señor. Xa se encargará El de sacar á luz os segredos das tebras e de descubrir os motivos dos corazóns. Entón quen o mereza recibirá do Señor o seu aprobado.


que uns homes, fillos de quen non serve para nada, saíron do medio de ti e seduciron os habitantes da súa cidade, dicíndolles: Vaiamos dar culto ós deuses alleos que non coñeciades,


Os pecados de certos homes logo se manifestan, xa antes de os levar a xuízo; os doutros, en cambio, só despois do xuízo se descobren.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan