Se a muller, porén, non tivese ovellas abondo, ofrecerá dúas rulas ou dous pombiños: un como holocausto e outro como vítima expiatoria. O sacerdote expiará por ela, e quedará purificada".
—"Cando a un lle apareza na pel do seu corpo unha inflamación, un furuncho ou unha mancha branquexada brillante, que se converte nunha chaga de lepra, será levado a Aharón, o sacerdote, ou a un dos seus fillos sacerdotes.
Precavédevos das chagas da lepra, poñendo moita atención e cumprindo todo o que vos ensinen os sacerdotes levitas. Estade atentos a facer tal como eu llelo mandei.