5 Se deu a luz unha filla, quedará impura durante dúas semanas, coma na súa menstruación, e seguirase purificando do sangue durante outros sesenta e seis días.
—"Fálalles ós fillos de Israel e dilles: A muller que xerou e deu a luz un fillo varón, quedará impura por sete días. Neste tempo manterase separada, coma nos días da menstruación: será impura.
e durante trinta e tres días ela seguirase purificando do sangue. Non tocará cousa sagrada, nin entrará no lugar santo, ata que pasen todos os días da súa purificación.
Pasados os días da súa purificación polo fillo ou pola filla, presentará á porta da Tenda do Encontro, como holocausto, un año dun ano e un pombiño ou unha rula, como oblación polo pecado. Darallos ó sacerdote,