2 —"Fálalles ós fillos de Israel e dilles: A muller que xerou e deu a luz un fillo varón, quedará impura por sete días. Neste tempo manterase separada, coma nos días da menstruación: será impura.
E bendiciunos así: —"Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos da terra".
David ordenou que lla trouxesen. Entrou a muller onda el e David deitouse con ela, cando ela se acababa de purificar das súas regras. Despois ela volveu para a súa casa.
Se deu a luz unha filla, quedará impura durante dúas semanas, coma na súa menstruación, e seguirase purificando do sangue durante outros sesenta e seis días.