9 —"Non beberás viño nin ningunha outra cousa que poida embebedar, nin ti, nin teus fillos, cando teñades que entrar na Tenda do Encontro, e non morreredes. Estatuto perpetuo para as vosas xeracións,
Aharón e os seus fillos colocarana na Tenda do Encontro, por fóra do veo que tapa o testemuño, para que brille diante do Señor, desde a noite á mañá. Esta é lei perpetua para todas as xeracións de Israel.
Tamén estes cambalean co viño e tropezan co licor. O profeta e o sacerdote cambalean co licor, están devorados polo viño, tropezan por causa do licor, cambalean coa bebida, beben mestura alcohólica a fartar.
O sacerdote abalarao todo ritualmente diante do Señor: é unha cousa santa que lle pertence a el, ademais do peito, que tamén abalará, e da perna dianteira, que presentará ó Señor do mesmo xeito. Despois disto o nazireo poderá xa beber viño.
Porque cómpre que o responsable sexa sen tacha, coma administrador de Deus: nin soberbio, nin iracundo, nin insolente, nin camorristas, nin amigo dos cartos;