Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 10:6 - Biblia SEPT

6 Díxolles Moisés a Aharón, a Elazar e a Itamar, seus fillos: —"Non despeiteedes os vosos cabelos nin rachedes os vosos vestidos, pois non morreredes nin se acenderá a ira do Señor contra a comunidade. Os vosos irmáns e toda a casa de Israel chorarán por causa do incendio que xurdiu diante do Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 10:6
23 Iomraidhean Croise  

O Señor anoxouse outra vez con Israel e encirrou a David para o seu castigo, dicíndolle: —"Anda, fai un censo de Israel e de Xudá".


fillo de Abixúa, fillo de Pinhás, fillo de Elazar, fillo de Aharón o sumo sacerdote —


O Señor díxolle a Moisés: —"Dilles ós israelitas: Sodes un pobo de cerviz dura. Se por un momento subise entre vós, acabaría convosco. Agora tirade de enriba os atavíos que levades, e verei que fago convosco".


Aharón tomou por muller a Elixeba, filla de Aminadab e irmá de Nahxón; ela deulle por fillos a Nadab, Abihú, Elazar e Itamar.


Corta os cabelos da túa consagración e bótaos fóra, entoa unha elexía ante os dous traveseiros da túa lareira, porque o Señor refugou e abandonou, enfadado, a xeración esta.


O enfermo de lepra andará coa roupa esgazada e a cabeza descuberta. En troques tapará cun veo a súa barba, e irá gritando: impuro, impuro.


Corta e arrinca o cabelo polos fillos dos teus praceres, agranda a túa calva coma a do voitre, xa que eles van ó desterro lonxe de ti.


Pero os levitas acamparán arredor do Tabernáculo do Testemuño, de tal xeito que os fillos de Israel non caian no castigo de Deus. Soamente a eles lles corresponde gardar o Tabernáculo do Testemuño".


Xosué, fillo de Nun, e Caleb, fillo de Iefuneh, que tamén exploraran a terra, racharon os seus vestidos,


Eles, entón, caeron co rostro por terra e exclamaron: —"Deus, o noso Deus, fonte do espírito de todos os viventes!, acaso, se un home só peca, acenderase a túa ira contra toda a comunidade?"


Soamente vós atenderedes o servizo do Santuario e o servizo do altar, para que a cólera non se levante máis sobre os fillos de Israel.


Colle a Aharón e ó seu fillo Elazar e lévaos ó monte Hor.


O sacerdote colocará de pé á muller diante do Señor, descubriralle a cabeza e porá nas súas mans a ofrenda recordatoria dos celos; mentres, el agarrará na súa man as augas amargas da maldición.


o que lles dixo a seu pai e a súa nai: Nunca vos vin, que non recoñeceu a seus irmáns e que ignora a seu fillo. Si, cumpriron a túa palabra e mantiveron a túa Alianza.


E vós arredádesvos hoxe do seguimento de Iavé, e, obrando así, —poñéndovos hoxe contra o Señor—, o día de mañá vaise alporizar contra toda a asemblea de Israel.


E logo non cometeu unha deslealdade co sagrado Acán, o fillo de Zérah, e ceibouse a cólera sobre toda a asemblea de Israel?; E non veu el morrer co seu pecado?"


Pero os fillos de Israel foron desleais no tocante ao exterminio, por colleren del Acán, fillo de Carmí, fillo de Zabdí, fillo de Zérah, da tribo de Xudá. Entón prendeu a ira do Señor contra os fillos de Israel.


Pecou Israel, fenderon o meu pacto, o que lles encomendara; botaron man do consagrado, roubándoo e acochándoo, e poñéndoo despois cos seus arreos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan