5 Eles achegáronse, e leváronos coas súas túnicas postas fóra do campamento, como lles ordenara Moisés.
El foi e encontrou o cadáver tirado no camiño e a pé del o burro e mais o león. O león non devorara o cadáver nin matara o burro.
Despois collerás as roupas e vestiraslle a Aharón o manto, o manto do efod, o efod e o peitoral, e cinguiralo co cíngulo do efod.
Mandou logo que se lle aproximasen os fillos de Aharón e vestiulles as túnicas, apertándollelas cos cíngulos e cubriunos coas mitras, como lle mandara o Señor.