Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 10:3 - Biblia SEPT

3 Díxolle Moisés a Aharón: —"Isto tíñavolo ben advertido o Señor con estas verbas: Mostrarei a miña santidade nos que me están máis próximos, manifestarei a miña gloria diante dos ollos de todo o pobo". Aharón calou.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 10:3
46 Iomraidhean Croise  

Lonxe de ti facer tal cousa! Matar o inocente co culpado, e que teñan os dous a mesma sorte. Lonxe de ti! O que xulga a terra enteira, non vai facer xustiza?"


Pero el contestoulle: —"Falas coma unha tola! Se o bo o aceptamos como de Deus, non habemos recibir tamén o mal?" E a pesares de todo isto, non pecou Xob cos seus labios.


O meu corpo treme ante ti e venero as túas decisións.


El ergue a cabeza do seu pobo, loanza de todos os xustos, dos fillos de Israel, os seus achegados. Aleluia.


Eu calo; non quero abrir a boca, pois es ti quen actúa.


Líbrame ti dos meus pecados, non me expoñas á burla dos parvos.


Contén a guerra en todos os confíns, rompe os arcos, quebra as lanzas, queima os carros de guerra.


Quen, sobre as nubes, se compararía co Señor? Quen lle semella entre os seres divinos?


A revelación do Señor é verdadeira, a santidade é o ornato da túa casa, polos séculos, Señor.


Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros.


Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.


Tamén os sacerdotes que se aproximen ó Señor terán que se purificar, para que non rompa contra eles o Señor".


O Señor respondeulle: —"Anda, baixa, e sube despois con Aharón. E que nin os sacerdotes nin o pobo traspasen os lindeiros para subir onda o Señor, non sexa que rompa contra eles".


Unxirás a Aharón e a seus fillos, para que me queden consagrados na función de sacerdotes.


Entón díxolle Ezequías a Isaías: "É boa a palabra que o Señor pronunciou". Pois pensaba: "Cando menos que haxa paz e seguridade nos meus días".


e díxome: "Ti es o meu servo, Israel, de ti virame a sona".


Apartade, apartade, saíde de aí, non toquedes cousa impura. Saíde do medio dela, mantédevos limpos, os que levades os vasos do Señor.


Coma do perfume que aplaca, sentireime compracido de vós, cando vos faga saír de entre os pobos e vos xunte traéndovos dos países onde estades esparexidos: entón mostrarei por medio voso a miña santidade á vista dos pagáns.


Así fala o meu Señor, Iavé: —Velaquí, eu estou contra ti, Sidón, e vou ser glorificado dentro de ti. Entón recoñecerán que eu son o Señor, cando execute nela a sentencia e mostre nela a miña santidade.


E subirás contra o meu pobo Israel, coma unha nube que cobre o seu país; ó cabo deses días estarás alí e eu fareite entrar en ataque contra o meu pobo, para que as nacións me recoñezan a min, cando ti, Gog, me recoñezas por santo á vista deles.


A sala que ten a súa fachada cara ó norte é para os sacerdotes que atenden o servizo do altar; eles, fillos de Sadoc, son os que de entre os fillos de Leví están cerca do Señor para o serviren.


Entón díxome: —As habitacións do norte e mais as habitacións do mediodía que están nas fachadas do adro son as habitacións do templo, onde os sacerdotes que se chegan xunto ó Señor comen comidas santísimas. É alí onde se poñen as cousas santísimas, as ofrendas, as vítimas dos sacrificios polos pecados e mais as vítimas para sacrificios de reparación; ben certo que o lugar é santo.


Non fará impura a súa descendencia no medio do seu pobo, porque eu son o Señor que o santifico".


—"Fálalle a Aharón e dille: Ninguén da túa xente nas vindeiras xeracións, que teña algunha eiva, se poderá aproximar para ofrecer o alimento do seu Deus:


Ninguén da parentela do sacerdote Aharón, que teña algunha eiva, se poderá aproximar para ofrecer un holocausto ó Señor: habendo unha eiva nel non se pode aproximar para ofrecer o alimento do seu Deus.


Serán santos para o seu Deus, non profanando o seu nome, porque son eles os que presentan sacrificios de holocausto ó Señor, alimento do seu Deus: deberán ser santos.


E ti recoñeceralo como santo, pois ofrece o alimento do teu Deus: será para ti santo, porque santo son eu, que vos santifico.


Gardarán os meus mandamentos, e así non cargarán co seu pecado nin morrerán por causa deste alimento, por se profanaren con el. Eu son o Señor, que os santifiquei.


Manterédesvos á porta da Tenda do Encontro día e noite durante sete días, cumprindo as ordes do Señor para que non morrades, pois así me foi mandado".


Despois díxolles a Coré e a toda a súa facción: —"Mañá o Señor dará a coñecer quen é seu e quen é santo, e farao achegarse a El: ó que teña escollido, farao achegarse.


O Señor díxolles a Moisés e a Aharón: —"Por non confiardes en min e non manifestardes así a miña santidade ós ollos dos israelitas, non seredes vós quen introduza esta comunidade na terra que eu lles vou dar".


Quen ama a seu pai ou a súa nai máis ca a min, non é digno de min. E quen ame a seu fillo ou a súa filla máis ca a min non é digno de min.


Pai, glorifica o teu Nome. Chegou entón unha voz do ceo: Xa o glorifiquei, e glorificareino aínda de novo.


e o que pidades no meu nome, heino facer, para que o Pai sexa glorificado no Fillo.


Por me serdes infieis a min ante os fillos de Israel, nas augas de Meribah de Cadex, no deserto de Sin, por non recoñecer a miña santidade, ante os fillos de Israel,


naquel día, cando veña para manifestar a súa gloria nos seus santos e para manifestar as súas marabillas nos que abrazaron a fe. Ora, vós aceptastes o noso testemuño.


Isto quere dicir que chegou o tempo do xuízo, comezando pola casa de Deus. Ora, se os seus principios en nós son así, cal será a fin dos que se rebelan contra o Evanxeo de Deus?


Por iso, isto di o Señor, Deus de Israel: Eu tíñalles dito á túa familia e á familia do teu pai que servirían no meu santuario para sempre; mais agora, palabra do Señor, que non será. Pois eu honro ós que me honran, pero os que me desprezan veranse desprezados.


Samuel contoulle todo, sen ocultarlle cousa ningunha. Elí dixo entón: —"É o Señor. Que el faga o que lle pareza".


Os de Betxémex preguntábanse: —"Quen poderá aturar ante o Señor, ese Deus santo? Onda quen subirá, lonxe de nós?"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan