Elías respondeulle ó xefe da cincuentena: —"Se eu son un home de Deus, que caia lume do ceo e que vos devore, a ti e á túa cincuentena". Niso caeu lume do ceo e devorounos, a el e ós cincuenta.
Elías respondeulle: —"Se eu son un home de Deus, que caia lume do ceo e que vos devore, a ti e á túa cincuentena". Niso caeu un lume de Deus dende o ceo, e devorounos, a el e ós seus cincuenta homes.
Aínda non rematara este de falar cando chegou outro a dicir: —"Caeu un lóstrego do ceo, e consumiu ovellas e pastores. Salveime só eu para cho contar".
Si, Deus preparou o Tófet contra ela, preparouno para o rei; afondou, ancheou o seu pozo, amoreou paus e lume, o alento do Señor, coma un río de xofre, prendeu lume nel.
Xurdiu lume da presenza do Señor e devorou sobre o altar as graxas e o holocausto, á vista de todo o pobo; entón reloucaron e prosternáronse rostro en terra.
Os fillos de Ieconías non se aledaron coa demais xente de Betxémex, cando viron a arca do Señor, e o Señor castigou a setenta persoas da familia. O pobo fixo dó por aquela gran mortaldade coa que os ferira o Señor.