Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 10:13 - Biblia SEPT

13 Tedes que a comer no lugar sagrado, pois é a porción que che toca a ti e a teus fillos, dos holocaustos do Señor, porque esa foi a miña orde.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 10:13
7 Iomraidhean Croise  

Entón díxome: —As habitacións do norte e mais as habitacións do mediodía que están nas fachadas do adro son as habitacións do templo, onde os sacerdotes que se chegan xunto ó Señor comen comidas santísimas. É alí onde se poñen as cousas santísimas, as ofrendas, as vítimas dos sacrificios polos pecados e mais as vítimas para sacrificios de reparación; ben certo que o lugar é santo.


Moisés díxolles a Aharón e a Elazar e Itamar, seus fillos superviventes: "Collede o que resta das oblacións do Señor, que non se queimou, e comédeo sen levedar ó pé do altar, porque é unha cousa sacrosanta.


Tamén o peito e o pernil dianteiro ofrecidos terédelos que comer no lugar puro ti, os teus fillos e as túas fillas contigo, por ser a parte que che toca a ti e a teus fillos dos sacrificios de comuñón, que doaron os fillos de Israel.


O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto á honra do Señor.


A oblación do sacerdote será toda queimada, non se comerá ren dela".


Comerédelas en lugar santísimo; todo varón as poderá comer; será cousa santa para ti.


A ofrenda sagrada de cada home será del mesmo, mais a que un dá para o sacerdote, será deste".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan