Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 10:12 - Biblia SEPT

12 Moisés díxolles a Aharón e a Elazar e Itamar, seus fillos superviventes: "Collede o que resta das oblacións do Señor, que non se queimou, e comédeo sen levedar ó pé do altar, porque é unha cousa sacrosanta.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 10:12
14 Iomraidhean Croise  

O levita Coré, fillo de Imnah, porteiro da Porta de Oriente, estaba encargado das ofrendas voluntarias e de administrar as ofrendas do Señor e os dons sacrosantos.


fillo de Abixúa, fillo de Pinhás, fillo de Elazar, fillo de Aharón o sumo sacerdote —


Colle tamén pan ácimo, bicas ácimas amasadas con aceite, filloas tamén ácimas untadas con aceite, todo feito de flor de trigo.


Comerán a parte coa que se fixo a expiación na súa investidura e na súa consagración. Non comerá dela un alleo, porque é ración sagrada.


Aharón tomou por muller a Elixeba, filla de Aminadab e irmá de Nahxón; ela deulle por fillos a Nadab, Abihú, Elazar e Itamar.


Eles comerán da ofrenda e das vítimas dos sacrificios polo pecado e das vítimas dos sacrificios de expiación; e todo o que se consagra ó Señor en Israel será para eles.


Tedes que a comer no lugar sagrado, pois é a porción que che toca a ti e a teus fillos, dos holocaustos do Señor, porque esa foi a miña orde.


Poderá comer do alimento do seu Deus, das ofrendas santísimas e das santas;


Pertencerán a Aharón e ós seus fillos. Só eles o poderán comer no santuario, porque son cousa sagrada, recollida das ofrendas presentadas ó Señor e perténcelles a eles por dereito perpetuo".


Calquera oblación asada no forno, fritida na tixola ou cocida na tarteira será só para o sacerdote oferente.


E os nomes dos fillos de Aharón son: Nadab, o seu primoxénito, Abihú, Elazar e Itamar.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan