Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 10:11 - Biblia SEPT

11 e para lles ensinardes ós fillos de Israel todas as leis, que o Señor lles deu por medio de Moisés".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 10:11
16 Iomraidhean Croise  

Durante moitos anos Israel viviu sen Deus verdadeiro, sen sacerdote que o instruíse, sen lei.


Percorreron, coma instrutores de Xudá, todas as cidades de Xudá, levando o libro da Lei do Señor, e instruíron ó pobo.


Ezequías felicitou ós levitas polas súas boas disposicións co Señor. Pasaron os sete días de festa ofrecendo sacrificios de comuñón e confesando ó Señor, Deus de seus pais.


O sacerdote Esdras trouxo a Lei diante da asemblea, onde se atopaban os homes, mulleres e todos cantos eran capaces de comprender o que oían. Era o primeiro día do sétimo mes.


Lían no libro da Lei de Deus, traducíndoo e facendo comprender o que lían.


Eles dixeron: —Ollade, tramemos plans contra Xeremías, pois a Lei non lle faltará ó sacerdote, nin o consello lle faltará ó sabio, nin a palabra ó profeta; vinde, castiguémolo pola súa lingua, e non fagamos caso das súas verbas.


Os sacerdotes xa non preguntan: Onde está o Señor? Os que tiñan que conservar a Lei, xa non me coñecen, os pastores aborrécenme, os profetas profetizan en nome de Baal, van tras deuses que de nada serven.


Si, os labios do sacerdote son fieis á ensinanza e búscase a lei na súa boca: é o mensaxeiro do Señor dos Exércitos.


ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo.


porque non me gardei de anunciarvos todo o plan de Deus.


Logo actúa conforme ao fallo que se che comunique desde o santuario que o Señor escolla, e está atento a executalo todo tal como cho ordenen.


Has de actuar conforme ao texto da resolución que che ordenen e conforme á sentencia que che diten. Non te apartarás nin á dereita nin á esquerda da decisión xudicial que che fagan coñecer.


Precavédevos das chagas da lepra, poñendo moita atención e cumprindo todo o que vos ensinen os sacerdotes levitas. Estade atentos a facer tal como eu llelo mandei.


Ensináronlle os teus decretos a Xacob, e a túa lei a Israel. Poñen o perfume do incenso diante de ti e sacrificio completo sobre o teu altar.


Porque ben sabedes que instrucións vos temos dado de parte do Señor Xesús.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan