Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 10:1 - Biblia SEPT

1 Nadab e Abihú, fillos de Aharón, colleron cadanseu incensario, puxéronlle brasas, botáronlles incenso enriba, e presentaron diante do Señor un lume profano, que non lles fora mandado.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 10:1
38 Iomraidhean Croise  

Nisto caeu un lume do Señor, que consumiu o sacrificio, a leña, as pedras e o po, e secou mesmo a auga da gabia.


Suba a miña oración coma o incenso ante ti, as miñas mans alzadas, coma a ofrenda da tarde.


O Señor díxolle a Moisés: —"Subide onda min, ti, Aharón, Nadab, Abihú e setenta anciáns de Israel, e prostrádevos desde lonxe.


Moisés, Aharón, Nadab, Abihú e setenta anciáns de Israel subiron á montaña


Para o altar farás, sempre de bronce, caldeiros para a cinsa, paletas, aspersorios, tenaces e braseiros.


Manda vir onda ti a teu irmán Aharón e a seus fillos Nadab, Abihú, Elazar e Itamar. De entre todos os israelitas serán eles os meus sacerdotes.


o óleo da unción, o incenso recendente para o santuario. Farán todas esas cousas conforme eu che mandei".


Despois preparou o óleo da unción santa e o incenso puro de aromas, coma o que fan os perfumistas.


Fixo logo os trebellos do altar, todos de bronce: caldeiros, paletas, aspersorios, tenaces e braseiros.


e queimou nel incenso recendente, como o Señor mandara a Moisés.


Aharón tomou por muller a Elixeba, filla de Aminadab e irmá de Nahxón; ela deulle por fillos a Nadab, Abihú, Elazar e Itamar.


O Señor fixo que fose como Moisés lle pedía. Os tabáns arredáronse de onda o faraón, da súa corte, do seu pobo, sen quedar sequera un.


Construíron o santuario a Baal para queimar no lume os seus propios fillos en holocausto a Baal, cousa que nin eu lles mandei nin lles dixen nin se me pasou pola cabeza.


Ollade: nos outeiros do val de Ben Hinnom construíron os altares de Baal para pasar polo lume os seus fillos e mais as súas fillas en honor de Molok, cousa que nin eu lles mandei; nin se me veu á cabeza que fixesen semellante horror, extraviando deste xeito a Xudá.


Todos os homes que sabían que as súas mulleres ofrecían incenso ós deuses alleos, e todas as mulleres que estaban presentes —unha grande asemblea—, e todo o pobo que vivía en Patrós, no país de Exipto, respondéronlle a Xeremías nestes termos:


Moito me enfadan as obras das vosas mans, ó queimardes incenso a deuses alleos no país de Exipto, a onde viñestes vivir, acabando así convosco e converténdovos nunha fórmula de maldición e inxuria para todas as nacións da terra!


ergueron os altares de Tófet, no val de Ben Hinnom, para queimar no lume os seus fillos e fillas, algo que nin eu mandei, nin me pasou pola cabeza.


O Señor faloulle a Moisés despois da morte dos dous fillos de Aharón, que morreran ó se aproximaren diante do Señor.


Despois collerá o incensario, cheo de brasas do lume que arde enriba do altar diante do Señor, e, enchendo as súas mans de incenso aromático moído, entrará con todo máis aló do veo.


Gardarán os meus mandamentos, e así non cargarán co seu pecado nin morrerán por causa deste alimento, por se profanaren con el. Eu son o Señor, que os santifiquei.


Xurdiu lume da presenza do Señor e devorou sobre o altar as graxas e o holocausto, á vista de todo o pobo; entón reloucaron e prosternáronse rostro en terra.


Nadab e Abihú morreron ó ofreceren eles un lume profano ante o Señor.


—"Non deixedes desaparecer as familias de Quehat do medio dos demais levitas.


e que vai dar culto a deuses alleos e prostrarse diante deles, diante do sol, ou da lúa ou de todo o exército do ceo, cousa que eu non che mando;


Non engadades nada ás palabras dos mandamentos que eu vos ordeno, nin lles quitedes nada, cumprindo as ordes do Señor, o voso Deus, que eu vos impoño.


co altar de ouro para o incenso e a arca da alianza cuberta de ouro por todos os lados; nela había unha caixa de ouro co maná, a vara reverdecida de Aharón e mais as táboas da alianza.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan