8 Os mesmos sacerdotes, fillos de Aharón, disporán os anacos, a cabeza e a graxa enriba da leña, que axeitarán no lume do altar;
Que nos dean dous becerros. Que eles escollan un, que o despecen, que o coloquen enriba da leña, pero que non lle prendan lume. Eu prepararei despois o outro becerro, poreino enriba da leña, sen pegarlle lume tampouco.
Despois preparou a leña, despezou o becerro e púxoo enriba da leña.
Dúas repisas dun palmo estaban amarradas no interior todo arredor; sobre as mesas estaba a carne das ofrendas.
Cortarase logo nos anacos de costume, e xunto coa cabeza e a graxa da vítima o sacerdote disporá todo enriba da leña colocada sobre o lume.
Da vítima do sacrificio de comuñón ofrecerá en holocausto para o Señor o unto que envolve as entrañas e todas as graxas que envurullan o intestino,
os dous riles coa graxa que os envolve, a graxa que hai nas illargas e a que foi separada do fígado, ademais da dos riles.