edificou alí un altar a Iavé e ofreceulle holocaustos e sacrificios de comuñón. Invocou a Iavé, e o Señor respondeulle co lume que do ceo descendeu sobre o altar do holocausto.
Aharón e seus fillos eran os que ofrecían os sacrificios no altar dos holocaustos e queimaban incenso no altar dos perfumes, cumprindo estes servizos no Santo dos Santos e facendo a expiación por Israel conforme todo o que mandara Moisés, servo de Iavé.
O sacerdote collerá dela unha presa de flor de fariña ofrecida, parte do seu aceite e todo o incenso que lle bota enriba, e queimarao no altar como recendo e como lembranza para o Señor.
Xurdiu lume da presenza do Señor e devorou sobre o altar as graxas e o holocausto, á vista de todo o pobo; entón reloucaron e prosternáronse rostro en terra.
Quen hai de entre vós que queira pechara as dúas portas para non prenderdes en van o lume no meu altar? Non teño ningunha compracencia en vós —fala o Señor dos Exércitos—; non me sinto a gusto coa ofrenda que provén das vosas mans.