Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 1:5 - Biblia SEPT

5 Sacrificará o xato diante do Señor e os sacerdotes, fillos de Aharón, ofrecerán o sangue, verténdoo arredor enriba do altar, que está á porta da Tenda do Encontro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 1:5
25 Iomraidhean Croise  

Inmolaron a Pascua. Os sacerdotes asperxían o sangue, mentres os levitas espelicaban as vítimas.


Logo degolaralo diante do Señor, á entrada da Tenda do Encontro.


De seguido, degolaralo, tomarás o seu sangue e asperxerás con el o altar ó redor.


Na entrada do tabernáculo da Tenda do Encontro porás o altar dos holocaustos.


Pero agora fará conmover a pobos numerosos: por causa del os reis pecharán a súa boca, porque contemplarán o que nunca se lles contou, e comprenderán o que nunca escoitaron.


Asperxerei sobre vós auga purificadora e quedaredes puros; de todas as vosas impurezas e de todas as vosas idolatrías heivos purificar.


Entón díxome: —Fillo de Adam, así fala o Señor: —Estes son os preceptos acerca do altar: Cando se acabe de facer, para poder ofrecer holocaustos nel e verter sangue sobre el,


Sacrificarao no lado norte do altar diante do Señor, e os sacerdotes, fillos de Aharón, verterán o sangue arredor enriba do altar.


O sacerdote presentará sobre o altar a vítima, arrincaralle a cabeza e queimaraa enriba do altar; despois espremeralle o sangue contra a parede do altar,


Matará o chibo expiatorio que lle toca ó pobo e levará o sangue do chibo desde o templo para detrás do veo. Fará con el o mesmo que fixera co sangue do xovenco, asperxendo enriba e por diante do propiciatorio.


Pois a vida do corpo está no sangue, e eu dóuvolo para expiar con el sobre o altar polas vosas vidas. Porque é o sangue o que purifica a persoa.


imporá a súa man sobre a cabeza da vítima, sacrificaraa diante da Tenda do Encontro, e os fillos de Aharón asperxerán co sangue da vítima por riba do altar e arredor.


Imporá a súa man sobre a cabeza da súa vítima e sacrificaraa no limiar da Tenda do Encontro. Os sacerdotes, fillos de Aharón, asperxerán co sangue por enriba do altar e arredor.


imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificaraa diante da porta da Tenda do Encontro. Os fillos de Aharón asperxerán co sangue o altar por riba e arredor.


Imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificará a cabra no lugar dos holocaustos.


Imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificaraa en expiación no lugar no que se adoita matar as vítimas do holocausto.


Tinguirá despois o sacerdote co sangue as esquinas do altar do incenso recendente, que está diante do Señor na Tenda do Encontro, e todo o resto do sangue da vítima verterao ó pé do altar dos holocaustos, situado no limiar da Tenda do Encontro.


Con que me presentarei diante do Señor? Con que me prostrarei ante o Deus Altísimo? Presentareime diante del con holocaustos? Con becerros, crías dun ano?


Pero non rescatarar o primeiro froito dunha vaca, o primeiro nacido dunha ovella ou o primeiro nacido dunha cabra: son cousa sagrada. O seu sangue derramaralo sobre o altar, e farás arder a súa graxa en ofrenda de aroma agradable ó Señor.


Todo sacerdote ten que estar de pé acotío para celebrar o culto e ofrecer un tras outro os mesmos sacrificios, aínda que estes sacrificios de ningún xeito poidan quitar os pecados.


e diante de Xesús, mediador da Nova Alianza, e diante do sangue da aspersión, que clama máis forte có de Abel.


ós que xa Deus Pai tiña escollidos e a quen santificou co Espírito para obedeceren a Xesús Cristo e para asperxelos co seu sangue. Para vós graza e paz con toda abundancia!


Sacrificado o becerro, Ana presentoulle o neno a Elí, dicindo:


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan