Porala na testa de Aharón, que cargará coas culpas dos israelitas, cando estes ofrezan as súas ofrendas sacras. Aharón levará a flor sempre na fronte, para reconcilialos co Señor.
traereinos ó meu monte santo e alegrareinos na miña casa de oración. Os seus holocaustos e os seus sacrificios servirán de ofrenda de amor sobre o meu altar. Pois o meu templo chamarase casa de oración para todos os pobos.
Tamén unha res do rabaño por cada duascentas reses do ben regado chan de Israel será para a ofrenda, para o holocausto, para o sacrificio de comuñón, para facer a expiación sobre eles —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
Aharón imporá as súas mans sobre a cabeza do chibo, confesando todas as prevaricacións e todas as iniquidades e todos os pecados dos fillos do Israel, cargándollos enriba da cabeza e despois mandarao, levado pola man dun home axeitado, para o deserto.
Despois de bañar o seu corpo con auga no lugar santo e de vestir a súa roupa ordinaria, sairá e ofrecerá o seu propio holocausto e mais o do pobo: expiará por si mesmo e polo pobo,
Calquera que ofreza ó Señor un sacrificio de comuñón, para cumprir un voto ou por devoción espontánea, terá que ser de gando maior ou menor, pero sen tacha. Non terá ningún defecto.
—"O tenreiro, o año e o cabrito estarán coa nai os sete primeiros días despois de nacer. Do día oitavo para adiante será aceptable como ofrenda de holocausto para o Señor.
imporá a súa man sobre a cabeza da vítima, sacrificaraa diante da Tenda do Encontro, e os fillos de Aharón asperxerán co sangue da vítima por riba do altar e arredor.
Imporá a súa man sobre a cabeza da súa vítima e sacrificaraa no limiar da Tenda do Encontro. Os sacerdotes, fillos de Aharón, asperxerán co sangue por enriba do altar e arredor.
imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificaraa diante da porta da Tenda do Encontro. Os fillos de Aharón asperxerán co sangue o altar por riba e arredor.
Imporá a súa man sobre a cabeza do chibo, e sacrificarao no lugar adoitado para matar as vítimas do holocausto diante do Señor, pois é un sacrificio expiatorio.
Despois queimará todas as graxas no altar, como fixera co unto do sacrificio de comuñón. Desta maneira expiará o sacerdote polo seu pecado, e seralle perdoado.
Separará toda a súa graxa, como fora separada a graxa do sacrificio de comuñón, e queimaraa o sacerdote no altar como recendo para o Señor. O sacerdote expiará por el, e seralle perdoado.
Recollerá toda a graxa, como fixera coa graxa do año do sacrificio de comuñón, e queimaraa no altar, xunto coas vítimas queimadas ó Señor. O sacerdote expiará así pola tal persoa, por causa do seu pecado, e seralle perdoado.
e, como expiación por tal pecado, presentará diante do Señor unha vítima de gando miúdo, femia de ovella ou cabra, e o sacerdote fará con ela a expiación polo delito.
Despois díxolle Moisés a Aharón: —"Achégate ó altar e ofrece o teu sacrificio de expiación e o teu holocausto, e fai a expiación por ti e pola túa familia; presenta tamén a ofrenda do pobo, para expiar por el, como o mandou o Señor".
O sacerdote fará a expiación por toda a asemblea dos israelitas, e seralles perdoado, porque foi un pecado involuntario e porque presentaron a súa ofrenda ó Señor.
que constituirá para el e para a súa descendencia unha alianza de sacerdocio perpetuo, en recompensa por se mostrar celoso polo seu Deus e realizar expiación polos fillos de Israel".
Logo os levitas imporán as súas mans sobre a cabeza dos xovencos; deles ofrecerás un en sacrificio polo pecado e outro en holocausto ó Señor, para faceres expiación polos levitas.
Rógovos, logo, irmáns, pola misericordia de Deus, que ofrezades os vosos corpos coma sacrificio vivo, santo, grato a Deus: coma o voso culto espiritual.
Pois Deus púxoo a El coma propiciatorio no que, pola fe, se expían os pecados mediante o seu sangue. Así mostra que era xusto cando deixaba sen castigo os pecados cometidos antes,
Acuso recibo de todo e teño de abondo. Quedei ben provisto ó recibir de Epafrodito o que viña de vosa parte, agradable recendo, sacrificio aceptable e que prace a Deus.