Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 1:13 - Biblia SEPT

13 Lavaranse con auga os intestinos e as patas e o sacerdote presentará e queimará todo xunto sobre o altar, como holocausto de recendo para o Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 1:13
15 Iomraidhean Croise  

Agradoulle ó Señor o recendo e decidiu: —"Non maldicirei a terra outra vez por mor dos homes, por máis que a súa inclinación tenda cara ó mal desde a súa mocidade. Non ferirei outra vez a todos os seres vivos, como acabo de facer.


Fixo dez pías para as ablucións e colocou cinco delas á dereita e cinco á esquerda para lavar nelas o que se ofrecía en holocausto. O Mar era para as ablucións dos sacerdotes.


Había unha sala, e a súa porta daba ó vestíbulo desta porta; nela era onde se lavaban as vítimas dos holocaustos.


despois de lavar as entrañas e as patas con auga, o sacerdote fará queimar todo xunto sobre o altar, como holocausto de recendo para o Señor.


Toda oblación que lle fagades ó Señor ha de ser preparada sen fermento, porque non se debe queimar en holocausto ó Señor ningunha ofrenda con fermento ou mel.


Deberállela presentar ós sacerdotes, fillos de Aharón. O sacerdote collerá dela unha presa da súa flor de fariña, parte do seu aceite e todo o incenso, e queimarao sobre o altar aceso, como lembranza de recendo para Iavé.


Os fillos de Aharón queimarán todo isto enriba do altar, xunto coa oblación que se pon enriba da leña, colocada sobre o lume, como holocausto de recendo para o Señor.


Separará toda a súa graxa, como fora separada a graxa do sacrificio de comuñón, e queimaraa o sacerdote no altar como recendo para o Señor. O sacerdote expiará por el, e seralle perdoado.


Será adobada con aceite e fritida na tixola; será presentada en rebandas, despois de cociñada, como recendo para o Señor.


Lavou con auga as entrañas e as patas, e fixo queimar todo o carneiro no altar do holocausto. Foi un holocausto de recendo para o Señor, como lle mandara o Señor a Moisés.


e queirades celebrar unha ofrenda de comida (un holocausto ou un sacrificio en cumprimento de voto ou como ofrenda voluntaria ou con motivo das vosas solemnidades sacrificando bois ou ovellas, en recendo grato ó Señor),


quen así ofreza a súa ofrenda ó Señor, ofrecerá como sacrificio un quilo e medio de flor de fariña amasada cun litro de aceite;


Cada día primeiro de mes ofreceredes en holocausto ó Señor dous xovencos, un carneiro, sete años dun ano, sen defecto;


O segundo año ofreceralo á tardiña: farás como para a oblación da mañá e a mesma libación. É un sacrificio con lume de grato aroma para o señor.


Has de facer os teus holocaustos —carne e sangue— sobre o altar do Señor teu Deus; o sangue do teu sacrificio hase de verter sobre o altar do Señor, o teu Deus, mentres que a carne has comela.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan