Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 1:11 - Biblia SEPT

11 Sacrificarao no lado norte do altar diante do Señor, e os sacerdotes, fillos de Aharón, verterán o sangue arredor enriba do altar.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 1:11
12 Iomraidhean Croise  

Moisés colleu a metade do sangue e botouna en recipientes, e a outra metade asperxeuna no altar.


Logo meteu a mesa na Tenda do Encontro, ó norte do tabernáculo e por fóra do veo.


Entón díxome: —Fillo de Adam, así fala o Señor: —Estes son os preceptos acerca do altar: Cando se acabe de facer, para poder ofrecer holocaustos nel e verter sangue sobre el,


Entón díxome: Fillo de Adam, levanta os teus ollos, en dirección ó norte. Eu levantei os meus ollos en dirección ó norte, e velaí que ó norte da porta do altar estaba a imaxe dos celos, a que estaba na entrada.


Sacrificará o xato diante do Señor e os sacerdotes, fillos de Aharón, ofrecerán o sangue, verténdoo arredor enriba do altar, que está á porta da Tenda do Encontro.


Sacrificará o año no lugar en que se adoita facer a expiación e mais o holocausto, isto é, no lugar sagrado, porque tanto o sacrificio de purificación coma o de expiación, son cousas santísimas, e pertencen ó sacerdote.


Imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificará a cabra no lugar dos holocaustos.


No mesmo lugar no que se sacrifica a vítima do holocausto, terá que ser sacrificada a vítima polo delito, e o seu sangue será vertido arredor enriba do altar.


Moisés degolouno, e verteu o sangue por riba do altar arredor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan