No día oitavo collerá dous años sen chata e unha ovelliña dun ano sen chata, e tres décimos de flor de fariña, mesturada con aceite, coma oblación, e un cuarteirón de aceite.
Se o que peca é o Sumo Sacerdote, o unxido —que, como tal, fai culpable ó pobo—, ofrecerá polo pecado cometido en prexuízo do pobo un xato de boi sen chata á honra do Señor.
—"Se alguén comete, sen se decatar, un pecado de fraude, diminuíndo algo das ofrendas consagradas ó Señor, presentará do seu gando miúdo, como reparación ó Señor, un carneiro sen chata; avaliarao en siclos de prata, conforme se adoita no santuario, como sacrificio de expiación.
Maldito sexa o tramposo, que ten no seu rabaño un macho, pero cando fai voto, ofrécelle en sacrificio ó seu Señor algo desprezable. Pois eu son o grande Rei —fala o Señor dos Exércitos—, e o meu Nome é temible entre os pobos.
—"Esta é a lei que preceptuou o Señor: Dilles ós fillos de Israel que collan para ti unha vaca vermella sen defecto, que non teña defecto ningún e que aínda nunca foi xunguida.
e ofrecerá a súa ofrenda ó Señor: un año dun ano sen defecto, que se queimará en holocausto, e unha aña dun ano, tamén sen defecto para a expiación dos seus pecados, e un carneiro sen mancha para o sacrificio de comuñón;